As VIII
XORNADAS DE LIMPEZA DO RÍO FURELOS correspondentes a este ano 2012,
levaránse a cabo o derradeiro sábado de agosto día 25, e os dous primeiros de
setembro, días 1 e 8 como se ben facendo nos últimos anos por parte desta
Asociación. A limpeza consistirá na
retirada de todo tipo de lixo atopado na canle do río e nas súas marxes
(plásticos, latas, rodas, arámes…), levarase a cabo de maneira manual e
abranguerá o acotado do río Furelos dende a Ponte de Fraga (Souto-Toques) ate a
Ponte Romana (Furelos-Melide), cun percorrido de 11.5 kilómetros.
As VIII Xornadas de Limpeza terán comenzo
dende as 9:00 ate as 13:00 H en xornada de maña e dende as 16:00 ate as 20:00
polo serán, despois de facer un obrigado descanso para repoñer forzas cun
xantar para os participantes na praia fluvial de Furelos, a cargo de a
organización.
Xa temos a autorización da Consellería de
Medio Ambiente para levar a cabo as VIII
XORNADAS DE LIMPEZA e contamos coa
presenza da GARDERÍA para levantar acta e verificar que os traballos
realizados cumpren sempre coa
normativa e respectando o medio ambente.
Nesta ocasión tamén
contamos coa colaboración de 40 casas comerciais de Melide, Concello de Melide
e a Deputación da Coruña.
Nota: nos vindeiros días espallaranse carteis anunciando
esta actividade na defensa do Medio Ambiente.
Melide 17 de agosto de 2012
O Presidente da Asociación
Xavier Pazo Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario