6/28/2012

VANDALISMO NO FURELOS

 Xavier Pazo Blanco, como presidente da Asociación de Troiteiros "Río Furelos" mediante o presente escrito, quere comunicar a esta Xefatura Territorial o seguinte:
Como Entidade Colaboradora, a nosa Asociación vén levando a cabo traballos de limpeza do río Furelos e dos seus afluentes, ao tempo que procuramos repoñer ou manter en bo estado a sinalización do río, Non é a primeira vez que ternos que recuperar sinais arrincados ou tirados ao río. Nesta ocasión, tal como se mostra nas fotos que se acompañan, algúns deles quedaron inservibles como consecuencia das pintadas que algún/s desaprensivos se dedicaron a facer sobre os mesmos.
Lamentamos profundamente este tipo de accións inxustificables e damos coñecemento das mesmas por se por parte da Consellería, a través do servizo de gardería cre conveniente levar a cabo algún tipo de acción.
 
Melide 24 de xuño de 2012
XEFATURA

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License