O próximo sábado día 11 de febreiro e o vindeiro 25 do mesmo mes, o Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, organiza as IX XORNADAS DE LIMPEZAS E RETIRADA DE REFUGALLOS DOS RIOS DE ROIS. Nove anos ininterrumpidos, dende a sua fundación, este clube leva limpiando e retirando refugallos dos rios de Rois. Cada vez son máis os que se animan a participar nestas xornadas, tanto socios do propio Club como persoas que lle encanta a natureza ou que se sinten identificados con estas accións, así como empresas do Concello de Rois ou outras Sociedades e Clubs de pesca dos concellos limítrofes, como son os Socios de W.Latorre e tamén os da Sociedade de Caza e Pesca de Padrón.
Esperamosvos, o remate de cada xornada, os participantes degustaran gratuitamente unha copiosa merenda na Taberna "O Pemento" de Seira, xentileza do Club LONDRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario