2/24/2012

COUTO INTENSIVO LAGOA MINA DA MERCED

Clasificación: couto de pesca sen morte.
Especie principal: troita arco da vella.
Engados: autorízanse unicamente a mosca artificial, nas súas distintas modalidades, e a culleriña, en ambos casos cun só anzol e sen arponciño. Prohíbense para todos os efectos os engados naturais.
Canas: autorízase unha soa cana por pescador.
Períodos e xornadas hábiles: segundo a orde anual de pesca continental.
Número de permisos de pesca: 15 permisos diarios como máximo.
Adxudicación dos permisos de pesca: no tramo 1 terán prioridade para obter permisos de pesca as persoas menores de 16 anos ou maiores de 65 anos, e as persoas discapa­citadas. Quen non pertenza a estes colectivos poderá acceder en función da existencia de permisos sobrantes.



No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License