8/31/2011

VII XORNADAS DE LIMPEZA "Asociación de Troiteiros “Río Furelos”

Tal como se anunciou no seu día, a Asociación de Troiteiros “Río Furelos”comezou este sábado, día 27, as VII XORNADAS DE LIMPEZA do río Furelos.
Os traballos foron realizados por unha trintena de persoas entre as que hai que citar, ademais de compoñentes da Asociación de Melide, outras que chegaron de Arzúa, Palas e Lalín.
O tramo no que se levou a cabo a limpeza durante este primeiro día vai dende a aldea de Furelos ata a Ponte da Pedra. Aínda que se trata dun treito non moi longo, os voluntarios non deixaron de levarse desagradables e sorprendentes sorpresas con achados tales como catro rodas de coche, dous televisores, a porta dun coche, un depósito quentador de auga de 150 litros, un contedor do lixo, ademais de plásticos de todo tipo,  botellas etc. En total extraéronse do río entre 250 e 300 quilos de desperdicios.
Como está anunciado, está programado continuar estas tarefas o primeiro e o segundo sábado de setembro, (días 3 e 9 respectivamente) polo que, se algún voluntario quere colaborar, saiba que  a directiva da Asociación llo vai agradecer, como de feito llo agradece neste comunicado ás persoas que colaboraron neste primeiro día de traballo, e a todas as empresas, particulares e institucións que nos apoian ano tras ano.







Melide 27 de agosto de 2011



O Presidente da Asociación
Xavier Pazo Blanco

 

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License