2/18/2011

XORNADAS DE MONTAXE EN LARACHA

O pasado sábado día 12 deron comezo as Xornadas de montaxe previstas para esta tempada. Visitounos o mestre Manuel Iglesias Angulo, director da Escola de Pesca Baixo Miño, desta volta pra ensinarnos as súas moscas preferidas para a pesca da troita,





O vindeiro sábado dia 19, celebraremos unhas mesas redondas de montaxe, dirixidas a todo o público en xeral. todo aquel que queira aprender, ou sinxelamente facer unhas moscas rodeados dos seus compañeiros de pesca, pode asistir, iso sí, que cada montador leve o material preciso para facer as súas moscas favoritas.

A xornada dará comezo as 16:30 horas e rematará sobre as 20:30 no Hotel ABC da Laracha.


O derradeiro sábado de Xornadas será o vindeiro día 26 de febreiro, cunha demostración de fabricación e montaxe de peixes artificiais a cargo de Kike Veiga Peón. Asimesmo outro artista, Fernando Botana Lago, fará unha exposición baseada na reciclaxe dos productos do mar.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License