5/28/2010

O FUTURO DO DEPORTE FEMININO

O próximo día 20 de xuño celebrarase en A Coruña a II Xornada de Deporte Feminino, organizada por MUDEGA (Mulleres Deportistas Galegas) e coincidindo coa celebración desa xornada a organización quere facer unha exposición fotográfica co nome "O futuro do deporte feminino". Desta forma, nos solicitan, e dende a directiva os traladamos a petición, fotografías de deportistas galegas de categorías inferiores (ata cadetes) de diferentes deportes e de certa calidade xa que o tamaño que quere utilizar para a exposición e de 20 x30 cm. Evidemente, para poder utilizar as fotografías necesitarán unha autorización dos pais, xa que son menores e o compromiso de MUDEGA de que só se utilizarán para dita exposición.

De todas formas, aproveito para deciros que se nos cededes tamén as fotos para a páxina web de UFEDEGA estaríamos encantados de utilizalas.

Sen nada máis que recordarvos que non queda moito tempo, polo que necesitaríamos que nos enviásedes o material canto antes para facerllo chegar, despídome cun cordial saúdo Mila Alonso

comunicacion@ufedega.com

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License