11/17/2009

El sector pide que se investigue a fondo el furtivismo en Ximonde

Foto: A.Hernandez

Los pescadores exigen que una nueva Ley de Pesca les dé cabida en los comités de decisión y que no se prohíban las artes tradicionales.

Evitar que la "corrupción" se convierta en un elemento más de agresión a la fauna de los ríos o en su caso frenar la especulación sobre la existencia de una trama entre el colectivo de guardas. Estas son las dos razones por las que las asociaciones de pescadores de Galicia apuestan por una investigación a fondo del ya conocido como "caso del coto de Ximonde", el del salmón que gracias al radiotransmisor que llevaba instalado para su investigación fue localizado por los técnicos de Medio Rural en un restaurante, lo que le ha costado un expediente sancionador a un trabajador del coto.
El tema fue abordado el pasado sábado en el foro de divulgación y debate sobre la pesca continental, organizado por el grupo Miguel Pesca y que se desarrolló en el multiusos de Rois. En el encuentro, que fue inaugurado por el director xeral, Ricardo García Borregón, y el alcalde de Rois, Ramón Tojo, los representantes de las asociaciones y cotos expusieron las reclamaciones que le van a trasladar a la Administración, a la que pedirán, entre otras cosas, un cambio en Ley de Pesca para que los pescadores tengan voz en los comités de decisión. Según se puso de manifiesto, hoy las propuestas parten de la Federación Galega de Pesca, un organismo en el que sólo están representados algo más de 2.000 de los 80.000 pescadores con licencia en Galicia. También rechazaron la prohibición de artes tradicionales y que la "pesca sin muerte" sea obligatoria.
Fuente: Tierras de Santiago
***********************************************************************************************

ASOCIACIÓN DE TROITEIROS RÍO FURELOS

FORO DE DIVULGACIÓN E DEBATE SOBRE A PESCA CONTINENTAL

ROIS 14/11/2009

Este pasado sabado día 14 de novembro a nosa Asociación tivo a ocasión de participar no “Foro de divulgación e debate sobre a pesca continental” que se celebrou no Auditorio Multiusos de Rois, organizado de maneira impecable polo grupo Miguel Pesca e patrocinado polo propio Concello de Rois.

A xornada, intensa en canto a contidos, nutrida en canto a participantes, contou coa presenza de importantes personalidades que aportaron o seu saber nos múltiples e variados relatorios que se celebraron ao longo da mañá.

Despois do acto de apertura e presentación do encontro, comezaron as intervencións e relatorios que se iniciaron con: “Trueiro, prensa libre” pronunciado polo director da revista especializada “Trueiro”. A continuación, os asistentes tivemos a oportunidade de coñecer a Directiva Marco europea da Auga, de maneira clara e sucinta, grazas á intervención da profesora da UDC, María J. Servia,. O presidente da Sociedade de Caza e Pesca, Eloi Saavedra, incidiu na súa charla sobre as relacións entre Pesca e Poder. Tamén foi de moito interese o relatorio do xornalista e escritor Miguel Piñeiro, experimentado coñecedor e divulgador do mundo da pesca e de todo o que o rodea baixo o título “A pesca e o seu entorno”.

Especialmente atractiva, pola temática, foi a intervención do profesor de Bioloxía da USC Fernando Cobo, na que apuntou a posible incidencia na bioloxía da ictiofauna continental, tomando como referencia as predicións dos modelos de cambio climático.

Despois da breve intervención do coordinador científico de Voz Natura, tivo lugar unha interesante mesa redonda moderada por Pepe Casal, poñente da Lei de Pesca, na que participamos representantes de cinco asociacións (O Club Londra, O Club Salmo, A Asociación Ulloa, a do río Mandeo e a nosa asociación “Río Furelos” representada polo seu presidente, Xavier Pazo). O debate, totalmente aberto e cordial, centrouse na xestión da pesca e o papel que nela deben xogar as sociedades ou asociacións. Neste intercambio de opinións acadouse o acordo de traballar con lealdade a prol da unidade entre as asociacións. Todos concordamos en que este traballo deberá dar os seus froitos, entre os que non se descarta, nun futuro próximo, conseguir unha candidatura unitaria para presentarse ás eleccións da Federación Galega de Pesca. Todos consideramos que, sen presa pero sen pausa, hai que se encamiñar a conseguir presenza nos órganos de decisión.

Pechou esta interesante xornada de maneira breve pero brillante, como non podía ser doutro xeito, o escritor e doutor da USC, Juan Moralejo.

Noutro orde de cousas, queremos aproveitar este comunicado para lembrarlles aos nosos asociados que seguimos con interese a apelación á sentenza sobre os vertidos no río Catasol. Presentada nos últimos días, pronto se saberá se é admitida a trámite. O recurso de apelación, baséase nun erro de valoración das probas, dado que para o fallo absolutorio non se tivo en conta como proba documental o informe dos técnicos da Xunta, a pesar de que este non foi impugnado polos letrados nin polos acusados en ningún momento do percorrido procesal. Agardemos que, tal como se solicita no recurso de apelación, se revoque a sentenza absolutoria e se faga xustiza, ditando no seu lugar unha nova sentenza condenatoria.

Asdo. Xavier Pazo Blanco_______________________________________Melide, 17 novembro 2009

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License