6/25/2009

ÉXITO I MARATÓN DE PESCA POR PARELLAS DEPORTES REMANSO (PORTODEMOUROS)




Finalmente, foron 72 as persoas que se deron cita este sábado no encoro de Portodemouros para participar no I Maratón de Pesca por Parellas posto en marcha polo establecemento especializado en caza e pesca Remanso, con sede no concello de O Pino. Nunha xornada marcada polas altas temperaturas e o vento, os participantes, organizados por parellas, competiron capturando tanto escalos como troitas. En total obtivéronse 34 quilos de escalos e 8'5 de troitas. En escalos, a parella gañadora presentouse como “Pescaítos”, e estaba formada por Enrique Veiga e Gabriel García. En segundo lugar clasificáronse “Os Larufas”, Juan M. Sánchez e José Varela (de O Pino) e en terceiro lugar, “O Peixe”, conformada por Alfonso Garrido e J. Emilio Rodríguez.



En canto á modalidade de troita, o primeiro premio recollérono “Os rangers”, J.Manuel Cabo e Antonio Noya; en segundo lugar situouse a parella “O roxo”, formada por Rubén Moure e Rubén Fernández e en terceiro lugar, “Os chapis”, Eduardo Vidal e J. Manuel López. Todos eles obtiveron o seu correspondente trofeo así como diferente material de pesca. Segundo Ramón Carril, organizador do Maratón, “a valoración é sumamente positiva, posto que era a primeira vez que se organizada unha iniciativa destas características, que foi moi ben acollida polos pescadores. De feito, todos me animaron a repetir o ano que vén; algo que evidentemente, imos facer, tendo en conta a magnífica resposta da xente que acudiu o sábado”. Asemade, o responsable de Remanso aproveita para agradecer a exhibición de montaxe de culleriñas realizada por Eduardo Fontenla, de Cucharillas Edu , así como tamen a todolos patrocinadores.




No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License