O IV Campionato de Pesca “Terra de Melide” organizado pola Asociación de Troiteiros “Río Furelos” resultou ser un éxito completo non só pola participación e interese mostrado polos pescadores inscritos senón polo espléndido e xeneroso que se mostrou o río Furelos cos quince pescadores que saíron agraciados no sorteo para participar. As capturas superaron considerablemente en número e en tamaño as de anos anteriores, o que vén a demostrar que a Natureza é agradecida. Os nosos coidados e desvelos para manter o río nas mellores condicións xa están a dar os seus froitos.
Os tres primeiros postos do Campionato foron por esta orde, Diego González Lirio, campión, José Manuel Sexto Méndez, que ademais de ser subcampión levou o premio á troita máis grande e Luís Ramón Sánchez Martín que quedou en terceiro lugar.
A organización que correu a cargo da citada Asociación contou coa colaboración de outros pescadores inscritos que levaron a cabo os labores de xuíces e de apoio aos participantes. Á comida, celebrada ao remate do Campionato no restaurante Carlos 96 de Melide, asistiron a Alcaldesa de Melide e o Concelleiro de Deportes, que se encargaron da entrega de premios aos participantes.

A Asociación quere aproveitar este comunicado para felicitar aos gañadores e agradecer ás casas colaboradoras o seu apoio. Ao mesmo tempo lembramos que o vindeiro día 18 se celebrará un máster de pesca a ninfa no couto do río Furelos.
Melide 05/06/09
O Presidente da Asociación: Xabier Pazo Blanco

No hay comentarios:
Publicar un comentario