Páginas

2/25/2014

XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS

O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, ven de levar a cabo a primeira retirada de refugallos no río Valeirón, enmarcada esta actividade dentro das "XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE ROIS" que organiza este Clube ininterrumpidamente dende xa fai nada menos que once anos. A xornada permiteu achegarse o río, logo de un mes de intensos temporais e enchentas que impediron levar a cabo esta actividade programada con antelación.
Retiraronse uns douscentos quilos de refugallos que por mor das enchentes foron arrastrados hacia as marxes do Valeirón. O Clube LONDRA, quere agradecer a todos os participantes o traballo realizado e tamén a presenza de membros de W.Latorre de Padrón, a Bersan Automoción Citroën e a Emerxencias Rois Voluntariado. O remate todos os participantes disfrutaron de unha merecida merenda na taberna O Pemento de Seira, xentileza do Clube organizador. 
A limpeza do río Rois quedou programada para o vindeiro sábado 1 de marzo, as catro da tarde concentraranse os participantes na praia fluvial de Seira.






No hay comentarios:

Publicar un comentario