O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, ven de levar a cabo a primeira
retirada de refugallos no río Valeirón, enmarcada esta actividade
dentro das "XI XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RÍOS DE
ROIS" que organiza este Clube ininterrumpidamente dende xa fai nada
menos que once anos. A xornada permiteu achegarse o río, logo de un mes
de intensos temporais e enchentas que impediron levar a cabo esta
actividade programada con antelación.
Retiraronse
uns douscentos quilos de refugallos que por mor das enchentes foron
arrastrados hacia as marxes do Valeirón. O Clube LONDRA, quere agradecer
a todos os participantes o traballo realizado e tamén a presenza de
membros de W.Latorre de Padrón, a Bersan Automoción Citroën e a
Emerxencias Rois Voluntariado. O remate todos os participantes
disfrutaron de unha merecida merenda na taberna O Pemento de Seira,
xentileza do Clube organizador.
A
limpeza do río Rois quedou programada para o vindeiro sábado 1 de
marzo, as catro da tarde concentraranse os participantes na praia
fluvial de Seira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario