RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o expediente de creación dun couto de pesca intensiva e sen morte no concello de Valga.
Segundo o disposto no artigo 15.3.º do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, a Xefatura Territorial do Medio Rural de Pontevedra somete a información pública, durante un prazo de 15 días, o expediente iniciado polo Servizo de Conservación da Natureza para a creación dun couto intensivo de pesca sen morte na lagoa Mina Mercedes, na parroquia de Campaña, no concello de Valga.
O expediente está á disposición de todos aqueles que puideran ter interese nel na Xefatura Territorial do Medio Rural, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, n.º 43-2.ª planta, Pontevedra.
Pontevedra, 21 de outubro de 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario