Páginas

11/18/2011

MODIFICACIONES EN LOS COTOS DE SALMON DE LUGO


Segundo o disposto no artigo 34 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, os sorteos de permisos de pesca en coutos celebraranse nos servizos provinciais de Conservación da Natureza, segundo a normativa que fixou a Dirección Xeral de Conservación da Natureza na citada resolución.
Nesa resolución non se tivo en conta a situación especial que afecta os coutos compartidos de pesca de salmón no río Eo por ser este límite entre as comunidades autónomas de Galicia e Asturias.
Tendo en conta que a tempada de pesca do salmón nos coutos compartidos do río Eo comenza o terceiro domingo de marzo, faise necesaria unha rectificación parcial das datas recollidas no sorteo de salmón e que afecta exclusivamente a provincia de Lugo, que quedan como segue:
– Calendario.
1. Sorteo de salmón.
Inicio da escolla: 18 de xaneiro de 2012.
Inicio da segunda venda: 23 de febreiro de 2012, ás 9.00 horas.
Inicio da venda libre de permisos sobrantes: 9 de marzo de 2012, ás 9.00 horas.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2011.

1 comentario:

  1. Gracias pola aclaración....que fermosa a foto...se non me equivoco... do pozo da Escombrera.
    Saudos

    ResponderEliminar