3/09/2011

DEFICIENTE COORDENACION NA XESTION DUN VERQUIDO DE ACEITES NO RIO XUVIA


No día de onte logo dun aviso procedente da planta industrial de Galicia Textil radicada na desembocadura do río Xuvia, foi detectado un verquido de aceite dieléctrico procedente do centro de transformación que abastece á estación de bombeo de augas radicada na ribeira do Xuvia ,o lugar de Prados (Sedes),  que forma parte do abastecemento de augas da Cidade de Ferrol.
Esta estación, que foi construída de emerxencia no ano 1988 con motivo da seca que desabasteceu a cidade, pertence ó Concello de Ferrol, si ben atópase no Concello de Narón.
O feito que durante o fin de semana, posiblemente polo estado de abandono que presenta, foi obxectivo dos amigos do alleo. Concretamente o seu obxectivo foron as pezas de cobre dos transformadores que gardaba o CT. Para roubar estas pezas, os ladróns valeiraron os trafos de aceite dieléctrico, que a traverso do drenaxe, acabou no río. Estímase que foron verquidos uns 400 lts de aceite, que pola súa composición é altamente contaminante.
Nun principio, e gracias ó aviso do servizo de vixiancia de recursos de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Rural que sigueu os protocolos en vigor, deuse aviso ó 112, có que se presentaron axentes da Policía Nacional, Emafesa (Empresa concesionaria do Servizo de Augas do Concello de Ferrol), Augas de Galicia e Policía local de Narón. A Policía Local de Ferrol, si ben foi avisada expresamente polo axente de Medio Rural, non se presentou no lugar do verquido.
Na mañá de hoxe, e logo de estar informados destes feitos na tarde de onte, membros da Sociedade de Caza e Pesca Xuvia, presentámonos na zona para facer unha valoración dos efectos da contaminación, e de ser o caso, axudar nas tarefas de contención da contaminación.
A nosa sorpresa foi que ó longo da mañá non apareceu ningún equipo anticontaminación, nin de Augas de Galicia, nin dos propietarios da instalación, o Concello de Ferrol.
Si se presentou na zona un equipo de Protección Civil do Concello de Narón, que informounos que diran aviso ó 112 da situación, para que se mobilizaran os equipos anticontaminación.
Constatada esta inacción, ás 11:00 puxémonos en contacto có Director Xeral de Conservación para expoñerlle a situación. Logo dunhas xestións con Augas de Galicia, parece ser que no momento de redactar este comunicado, estase a desplazar á zona un equipo anticontaminación do organismo Augas de Galicia. Ó Concello de Ferrol pola súa banda, nin chamou, nin se lle espera. As noticias que temos por parte da Consellería de Medio Rural, e que o Concelleiro de Medioambiente do Concello de Ferrol, non está localizable.
Logo de expoñer os feitos a miña reflexión é a seguinte: Se non somos capaces de facer que funcionen os protocolos anticontaminación para un verquido de aceites, que pasaría no caso dun verquido verdadeiramente tóxico, cf. Acido sulfúrico ou similar?
Tan difícil é xestionar o traslado de 2 barreiras absorbentes, barreiras que por certo, e aínda sendo do Goberno Central (Ministerio de Fomento), están dispoñibles no Centro de Sasemar existente no Polígono de Vilar co Colo (Fene) a menos de 10 min.
Algo fallou nesta xestión e non sei quen nin porqué, pero preocúpame que non esteamos en condicións  de diagnosticar a que se debeu este fallo operativo.
Quero expresar o meu agradecemento a Galicia Textil, compañía da que me separan tantas cousas como pescador, por dar o aviso da existencia da contaminación. A cada un ó seu .
Tamen agradecer a D Ricardo García- Borregón e a D Carlos Muñoz, de Conservación da Natureza,  as xestións feitas ante Augas de Galicia para poñer a andar o operativo anticontaminación.
Non me esquece, por certo, o Concello de Ferrol, que coma xa dixen, nin chamou nin se lle espera.

ELOI SAAVEDRA VIDAL/PRESIDENTE DA SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License