O vindeiro sábado dia 19, celebraremos unhas mesas redondas de montaxe, dirixidas a todo o público en xeral. todo aquel que queira aprender, ou sinxelamente facer unhas moscas rodeados dos seus compañeiros de pesca, pode asistir, iso sí, que cada montador leve o material preciso para facer as súas moscas favoritas.
A xornada dará comezo as 16:30 horas e rematará sobre as 20:30 no Hotel ABC da Laracha.
O derradeiro sábado de Xornadas será o vindeiro día 26 de febreiro, cunha demostración de fabricación e montaxe de peixes artificiais a cargo de Kike Veiga Peón. Asimesmo outro artista, Fernando Botana Lago, fará unha exposición baseada na reciclaxe dos productos do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario