2/03/2010

PROXECTO GALICT!A, A LAMPREA MARIÑA

Se adjunta un tríptico y una nota de prensa de la presentación de dos proyectos por si os puede interesar.


A Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería do Medio Rural, presentará o próximo día 10 de febreiro, a partir das 10 h., no Hotel Os Abetos de Santiago de Compostela, a creación do “Observatorio galego de investigación sobre peixes migradores anfihalinos” e os primeiros resultados do proxecto de investigación sobre o estado de conservación da lamprea mariña nos ríos de Galicia.


Ambos proxectos son froito da colaboración coa Estación de Hidrobioloxía “Encoro do Con” da Universidade de Santiago, e o seu desenvolvemento da cumprimento ás directrices da Unión Europea en materia de conservación e avaliación do estado ecolóxico das poboacións de especies con protección legal.


A xornada de presentación será inaugurada polo Director Xeral de Conservación da Natureza, Ilmo. Sr. D. Ricardo García-Borregón Millán e nela intervirán o Dr. Fernando Cobo, Director da Estación de Hidrobioloxía da USC, D. Pablo Caballero, coordinador dos traballos por parte da Consellería do Medio Rural, e os prestixiosos especialistas en bioloxía de peixes migradores do INRA (Institut National de la Recherche Agronomique) de Rennes (Francia) o Dr. Jean-Luc Baglinierè e o Dr. Richard Sabatié.


A asistencia é libre e contarase cun servizo de tradución simultánea.


Prof. Dr. Fernando Cobo


DEPARTAMENTO DE ZOOLOXÍA E ANTROPOLOXÍA FÍSICA,
Facultade de Bioloxía,
Universidade de Santiago de Compostela.
15782 Santiago de Compostela,
A Coruña, España (Spain)
Telf. 00 34 981 563 100, Ext. 13282
Fax. 00 34 981 596 904
correo-e: fernando.cobo@usc.es
http://www.usc.es/banim/doc/hidro.html

ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA “ENCORO DO CON”
Universidade de Santiago de Compostela.
Castroagudín – Cea.
36617 Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. España (Spain)
Tel. 00 34 986 565 640
Fax 00 34 986 503 543
correo-e: ehecusc@usc.es
http://www.usc.es/ehec.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License