Páginas

7/13/2009

III Selectivo Social de pesca a mosca do Club Londra de Rois, 2009



Ven de celebrarse este fin de semana o III Selectivo Social de pesca a mosca do Club Londra de Rois, tendo como esceario da proba o couto de Rois. Nesta proba a participación non é tan alta como noutras que organiza este Clube, pois esta disciplina deportiva no ámbito da pesca non conta en Rois con moitos adeptos, pese a esto a xornada resultou exitosa e o caracter conservacionista dos que practican este tipo de modalidade deportiva fíxose notar, pese a ter estos permiso para extraer as troitas, decideuse que o campeonato se levase a cabo na modalidade de pesca sen morte e optouse por devolver as capturas o seu medio natural, detalle que engrandece este deporte e sen dúbida os participantes neste campeonato. Despois de elaborar a clasificación unha vez rematado o concurso que se levou a cabo en duas mangas a tramo descansado, degustáronse uns pinchos no restaurante bar Liñares en donde se entregaron os premios. Os irmáns Eduardo e Martín Seco Velo que acadaron a segunda e terceira posición respectivamente, acompañaron no podium a Rafael De La Iglesia Gómez que se fixo coa victoria por segundo ano consecutivo. Destacar a participación e o tesón dos irmáns Seco Velo, que levan unha proxección ascendente imparable e xa se preparan para participar no vindeiro fin de semana no III Campeonato de pesca a mosca Santiaguiño do Monte, que terá como escearios os cotos de Padrón e Rois e donde se darán cita as mellores canas do pais nesta modalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario