O pasado sábado o Club LONDRA de Rois, clausuraba o Curso de lance e pesca con cola de rata e montaxe de moscas que se levou a cabo durante todo o mes de xuño e que remataba ca entrega de diplomas os participantes. Este curso que se distribueu en doce horas teóricas e doce prácticas, abarcou dende o coñecemento de todo o material necesario para esta técnica, a súa utilización e composición, pasando polo montaxe de moscas nas horas teóricas, e nas prácticas estivo marcado pola mellora e coñecemento dos lances e as diversas situacións que o pescador se pode encontrar no río. A Clausura, que tivo como marco o auditorio municipal, estivo presidida polo Concellal de Medio Ambiente Manuel Cobas Rey e o Director do curso Rafael De La Iglesia Gomez, xunto co Presidente do Club Antonio Gestoso, estos coincidiron e valoraron a celebración deste curso como unha oportunidade de introducirse no mundo da pesca deportiva, ou para os que xa o están, unha ocasión para perfeccionar as técnicas de pesca nesta modalidade. A participación, maioritariamente de pescadores en categoría xuvenil, aporta o Clube LONDRA un plus na formación da súa canteira, sempre coa colaboración do mestre Rafael De La Iglesia. O Clube LONDRA, agradece a colaboración do Concello de Rois e da Federación Galega de Pesca así como o Clube de Futbol Ribasar pola cesión das súas instalacións para as xornadas prácticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario