2/10/2009

O CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE DEU A CONOCER ÁS SOCIEDADES DE PESCA FLUVIAIS O MODELO DE PLAN DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS PISCÍCOLAS

O titular de§ Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, mantiveron un encontro con representantes das sociedades de pesca fluvial cos que asinaron os convenios para renovar a concesión dos Na xuntanza foi presentado o plan de ordenación da conca dos permisos de pesca río Arnoia (Ourense), o primeiro que se elabora, mentres que a consellería está Os plans recollerán o ámbito territorial de§tramitando outros 25 plans aplicación, o estado de conservación, un inventario piscícola, as directrices de xestión dos recursos (réxime de protección, medidas de conservación e criterios orientadores) e o período de vixencia, que estipulará o calendario de actuacións A consellería mantén nestes días un operativo de limpeza dos§e investimentos ríos e aumentará no 2009 as axudas ás sociedades de pesca.

Santiago de Compostela, luns, 9 de febreiro do 2009
O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, e o director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, presentaron hoxe o novo modelo dos Plans de Ordenación Piscícola nos que está a traballar a consellería. A presentación realizouse nun acto celebrado en Santiago coas sociedades de pesca fluvial par asinar os convenios para a renovación da concesión dos permisos de pesca.

A consellería está tramitando sete plans en Ourense; cinco na Coruña; nove en Lugo e catro en Pontevedra, ademais do da cunca do río Arnoia, en Ourense, o primeiro que xa está elaborado e que conta cun orzamento de 1,7 millóns de euros para os próximos cinco anos. Estes plans de ordenación teñen por obxectivo:

Ø Avaliar o estado ecolóxico do medio acuático e das poboacións piscícolas existentes

Ø Regular o seu aproveitamento da conca para unha óptima xestión de recursos

Ø Adoptar medidas de fomento e protección da fauna e do ecosistema acuático en xeral

O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, avaliou estes plans como un paso necesario para asegurar a xestión sostible, partindo da base dunha diagnose real. Reza afirmou que só deste xeito se pode asegurar a sostibilidade da pesca fluvial e adaptar a xestión as existencias poboacionais, polo que nos plans se propoñen tamén unha serie de medidas a medio prazo para fomentar os recursos.

Os plans de ordenación recollerán o ámbito territorial de aplicación, o estado de conservación e calidade fisicoquímica e biolóxica, que analizará o estado da vexetación, os usos do solo, os obstáculos e impactos, así como os vertidos. Tamén contemplará un inventario piscícola, as directrices de xestión dos recursos (réxime de protección, medidas de conservación e criterios orientadores) e o período de vixencia, que estipulará o calendario de actuacións e investimentos.

O titular de Medio Ambiente indicou, ante o inicio da temporada de pesca da troita e do salmón no río Eo o próximo 15 de marzo, que o obxectivo dos plans é lograr un estado óptimo da calidade das augas, así como da rehabilitación das ribeiras e dos ecosistemas, recuperando as especies piscícolas autóctonas. Manuel Vázquez destacou o esforzo realizado nos últimos anos para a mellora dos ríos galegos, principalmente no que se refire ao saneamento para a mellora da calidade das augas.

Así, entre as actuacións realizadas Vázquez destacou que, nada máis iniciar a lexislatura, a Consellería de Medio Ambiente suspendeu os trámites de 32 novas concesións de aproveitamentos hidroeléctricos na conca Galicia Costa, de competencia autonómica. Tratábase de 24 novos saltos e outros 8 de ampliación de caudal en concesións que xa estaban en explotación. Complementariamente a esta medida adoptouse o acordo de proceder á tramitación de 9 expedientes de caducidade que afectaban a outras tantas concesións.

Vázquez tamén salientou a posta en marcha do Plan de Control de Vertidos, que permitiu facer unha diagnose da situación real dos ríos e reducir á metade os vertidos detectados, e o plan de saneamento, no que Medio Ambiente está a investir 825 millóns de euros na construción, ampliación e mellora de 76 depuradoras de ríos e rías de Galicia. Ademais, subscribíronse convenios con máis de 50 concellos para mellorar o saneamento, fundamentalmente nas zonas rurais. Neste sentido, a consellería ten previsto investir 100 millóns de euros na creación de novas infraestruturas e modernización das actuais.

O responsable de Medio Ambiente referiuse aos traballos de limpeza dos ríos, que se están a realizar nestes días, nos que ducias de brigadas, formadas por un total de 500 persoas, que están a acondicionar as canles dos ríos. Vázquez explicou que se trata dun plan de choque ao que Medio Ambiente destina oito millóns de euros para crear emprego, pero tamén para contribuír ao mantemento das ribeiras e das canles dos ríos.

A labor nos ecosistemas fluviais abordouse tamén nos últimos dous anos a través dos plans de recuperación, nos que a consellería investiu cinco millóns de euros. Así, puxéronse en marcha proxectos recuperación da fauna autóctona e se están a mellorar algúns centros ictiolóxicos como O Veral, en Lugo, que está chamado a ser o gran Centro Ictiolóxico de Galicia, cun investimento de case 500.000 euros.

O conselleiro de Medio Ambiente asegurou que, aínda que queda moito por facer, nos últimos anos os ríos galegos superaron “unha situación que ía en franco deterioro”. A este respecto afirmou que Galicia “nunca máis vai ser un país no que verter aos ríos e rías salga gratis”.

Sociedades de pesca
Galicia conta con aproximadamente 80.000 pescadores con licencia; 41 sociedades de pesca e 132 cotos, polo que o papel das sociedades son pezas fundamentais deste sistema e teñen un papel importante que desenvolver. Por este motivo, a axuda que reciben da Consellería de Medio Ambiente vaise incrementar neste ano ata os 200.000 euros, 25.000 euros máis que nos últimos dous anos.


Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Gabinete de Comunicación
Tlf: 981 541722 / 981 957493 Fax: 981 541714

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License