O Club de Pesca Deportiva LONDRA de Rois, organiza as "X XORNADAS DE
LIMPEZA E RETIRADA DE REFUGALLOS NOS RIOS DE ROIS". O vindeiro sábado será
a primeira das duas xornadas das que se compón esta actividade, onde afrontarán
a limpeza do río Rois, concentrándose previamente os participantes na praia
fluvial de Seira as 16:00 horas. A segunda das xornadas tera lugar o día 23 de
febreiro, concentrándose na ponte de Basa para levar a cabo a limpeza do río
Valeirón.
O rematar cada unha das xornadas, o Club de Pesca Deportiva LONDRA,
invitará a todos os participantes a unha merenda en agradecemento pola sua
colaboración.
Esta é a primeira das actividades que o Club de Rois ten programado para
este ano 2013, no que se cumple o seu décimo aniversario e que se completará co
mantemento do Couto de pesca de Rois, acondicionando as sendas para os
pescadores e repoñendo a súa senalización, tamén se levarán a cabo os
respectivos campeonatos de pesca sociales e locales, así como as acostumbradas
participacións en campeonatos de pesca por toda a xeografia galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario