Despois de contactaren concosco, o día. 15 de maio,recibimos a visita de membros da citada Fundación cos que pasamos unha tarde mostrándolles o río e dándolles información sobre as diferentes actividades levadas a cabo dende que se fundou a nosa Asociación.
Todo isto foi recollido e pódese ver na plataforma dixital: RuNa “Convergencia Rural Naturaleza” cuxo inicio se pode ver en http://www.ruralnaturaleza.com/ Na portada da publicación dixital aparecen os representantes da Asociación Río Furelos que os atendemos coa ponte románica ao fondo (imaxe que ilustra esta información) En concreto, a entrevista que nos fixeron aos representantes da Asociación pódese atopar neste enderezo:
Como xa dixemos foi unha tarde agradábel de intercambio de opinións e de información moi proveitosa, pola afinidade de intereses que nos une. Para nós un motivo de satisfacción pola difusión que representa o feito de estarmos nunha plataforma dixital de tanta importancia. Non deixa de ser un recoñecemento o feito de que a entrevista de que fomos obxecto, na persoa do Presidente da Asociación, figure na páxina da plataforma na que se colgan as “experiencias ejemplares”, ilustrada coa mesma imaxe da portada.
Finalmente, queremos concluír mostrando o agradecemento á Fundación Félix Rodríguez de la Fuente por terse fixado en nós. Isto lévanos a pensar que algo estaremos facendo ben. Pero tamén somos conscientes de que a visibilidade é algo fundamental. Por iso consideramos que este tipo de iniciativas divulgativas son unha forma eficaz de ir creando esa arañeira de conciencia ecolóxica que imperceptibelmente se vai estendendo na procura da defensa irrenunciábel dos nosos ríos e, por extensión, do noso Medio.
O Presidente da Asociación: Xavier Pazo Blanco Melide, 14 xuño 2010
No hay comentarios:
Publicar un comentario