MONTESALGUEIRO-ARANGA
TELEFONO 981789552
Modificase o lugar de concentración e o sitio da comida do Campionato Provincial Samonidos-Mosca Coruña.
O restaurante está na autoestrada Coruña Madrid saída Montesalgueiro dirección Madrid a esquerda, lugar no que nos xuntaremos as 4 da tarde do sábado para a marcaxe do río.
Enviar o antes posible a relación dos participantes..
De fallar algún club ou non particiapar con catro pescadores, ampliariamos a participación a 5 por club para os que teñan dereito segundo tarxetas federativas ou abonen os 50€ por pescador a maiores.
Segundo o acordo da asemblea o número de participantes por club sería.
20 tarxetas 2 pescadores
40 ´´ 3 ´´
60 ´´´4 ´´
100 tarxetas ou máis 5 pescadores.
COUTO DE ARANGA
6-XUÑO-2010
4 pescadores máximo por club
PROGRAMA
09:00 “ Inicio da 1ª manga.
11:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
11:15 “ Inicio segunda fase
13:15 “ Fin da 1ª manga.
14:00 “ Concentración no RESTAURANTE D'TIZON “comida”
16:00 “ Inicio da 2ª manga
18:00 “ Finaliza a primeira fase. Cambio de pescador e control.
18:15 “ Inicio segunda fase
20:15 “ Fin da competición
20:45 a 21.30 Entrega de plicas no RESTAURANTE D'TIZON.
Unha vez elaborada e verificada a clasificación. Clausura do campionato, e entrega de trofeos
Nota: Por mor do número de clubs que se estima van a participar e a limitación do escenario o número máximo de pescadores por club será de catro, si ben se mantén o resto da proporcionalidade por licencias,
Último día para mandar tódolos datos (relación de participantes, DNI Nº de licencia federativa,) será o día 31 de maio luns.
Marcaranse postos individuais o día 5 pola tarde, para o que solicito a colaboración voluntaria dos pescadores. Concentración no Bar Platas ás catro da tarde. GRACIAS.
O reparto de postos farase segundo o resultando do cadro de distribución que vimos aplicando nos últimos campionatos, a numeración dos pescadores será segundo os clubs inscritos por orde alfabética, respectando a orde dos participantes segundo a listaxe que envíen os clubs.
Levaranse cubertas as plicas e demais documentación.
As bases serán as da Federación Española de Pesca.
Ao ter que entregar os permisos de pesca, prégase que non se fagan cambios de última hora, e que cada club se asegure de que veñan tódolos pescadores inscritos ou ben manden suplentes; de non facelo así, obrigaría á modificación das plicas, resultando laborioso e difícil, ou ben cubrir esas vacantes con pescadores voluntarios, que non puntuarían.
De asistir acompañantes ou delegado estes aboarán a comida ese mesmo día, 15€ por persoa
Un saúdo.
Asinado: Félix Rodil
No hay comentarios:
Publicar un comentario