Dende a Asociación de Troiteiros “Río Rurelos” de Melide estamos a seguir con sumo interese a evolución dos acontecementos do escándalo acorrido no capturadeiro de Ximonde, grazas á información tan detallada e puntual que vén fornecendo Miguel Piñeiro na súa páxina: www.miguelpesca.com
Os feitos non deixan lugar a dúbida. O día 26 do pasado outubro catro axentes localizan no conxelador dun veciño do concello de Teo dous salmóns sen os precintos e guías correspondentes (polo tanto, presuntamente capturados de maneira ilegal). Ao verse descuberto decláralle aos gardas que chegaron ao seu poder de mans de José García Rego, peón da gardería de Medio Ambiente.
O feito de que Miguel divulgase a noticia foi como destapar a caixa dos tronos. Coma sempre, nos casos de corrupción, parece que o que cómpre é matar o mensaxeiro. Pero a realidade é moi teimuda e case sempre acaba poñendo a cada quen no seu sitio. A día de hoxe ante o rebumbio que se levantou, grazas a foros como o de Miguel, Medio Rural xa di que ten un informe de varios folios nos que o devandito José García Rego acabou recoñecendo a súa culpabilidade. Esta foi presuntamente o súa declaración textual: “Si. Foi un fallo. Metín a pata. Agora xa está. Non hai que facerlle.” Consecuencia: ábrense dilixencias, expediente sancionador para o que fai a entrega e para o que a recibe... , e xa se verá.
Dende a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” en primeiro lugar queremos solidarizarnos con Miguel Piñeiro por ter divulgado os feitos. A pregunta é moi clara, se non se publicase a denuncia, se non houbese un seguimento tan minucioso, a Administración actuaría co mesmo celo?
A que vén tanta indignación polo feito de que se divulguen este tipo de cuestións?
En segundo lugar, en todo este tempo que levamos traballando como Entidade colaboradora de Medio Ambiente, cada vez que levamos a cabo labores de limpeza, denunciamos vertidos ou calquera outra incidencia que afecta ao medio fluvial, sempre constatamos un comportamento correcto e profesional dos membros da gardería. Pero por todo o que se leva publicado sobre este caso concreto de Ximonde, cabe preguntarse se estamos ante un feito illado ou isto non é máis que a punta do iceberg que pon de manifesto a neglixencia de funcionarios de máis alto nivel. Neste caso a Administración ten a obriga de depurar responsabilidades daqueles que, por acción ou omisión, non desempeñaron coa profesionalidade que se lle esixía as súas funcións.
En terceiro lugar e para rematar, di o refrán que o gato escaldado lle foxe a auga fría. Non estamos libres aínda de levarmos desagradables sorpresas neste caso.
A nosa desconfianza está fundamentada. Veredes por que:
Vén de se celebrar na Audiencia da Coruña o xuízo polos vertidos de xurro no río Catasol de Melide (ano 2007) que foron amplamente divulgados pola nosa Asociación, pola prensa e dos que tamén se fixo eco Miguel Piñeiro na súa páxina web. Pois ben, para pasmo dos que asistimos á vista oral, o acusado, con todas as probas en contra, as declaracións da gardería e outras testemuñas ratificando o sucedido, saíu absolto debido á ausencia de dous técnicos da Consellería de Medio Ambiente que tiñan que prestar testemuña no xuízo. (Foron citados?... Pedíuselles que non asistisen?...) Agora, teremos que agardar pola apelación que fixo a fiscal do caso. Quen sabe se calquera
defecto de forma, producido ou non a propósito, volverá a deixar impune unha acción que ocasionou a morte de máis de catro mil troitas.
Por iso teremos que estar alerta e facer un seguimento do caso Ximonde ata o remate. Oxalá non nos depare sorpresas desagradables.
Asdo. Xavier Pazo.
Presidente da Asociación de Troiteiros “Río Furelos”.- Melide.
Melide,7 de novembro de 2009

No hay comentarios:
Publicar un comentario