Nestes anos sacamos do leito do río todo tipo de restos: electrodomésticos, enseres domésticos, apeiros de labranza, centos e centos de metros de arame oxidado, rodas, bicicletas, kilos e kilos de plásticos… Denunciamos vertidos, procuramos sementar unha nova conciencia que se traduza nun maior respecto á natureza, en concreto aos ríos da nosa contorna. O noso labor vai dando os seus froitos, pois cada edición das xornadas atopamos menos lixo no río.
Durante a primeira xornada do pasado sábado, a pesar das inclemencias metereolóxicas, retiramos do río 300 kilos de lixo, un colchón e unha cama plegable pasando despois a un xantar campestre e logo no serán retiráronse catro árbores caidas no río que impedian o curso natural do auga.
Como levamos dito moitas veces, velar pola limpeza dos ríos é cousa de todos. Dende esta Asociación seguiremos facendo o que estea na nosa man para que iso sexa así. Xa que logo, e para rematar, o noso agradecemento anticipado a todos os que, un ano máis, ides participar, directa ou indirectamente, nos labores de limpeza e en especial a SOCIEDADE DE CAZA E PESCA XUVIA, de Narón e o seu Presidente Eloy Saavedra Vidal por compartires con nós este día.
Pero hai algo que nos produce especial desacougo e que fica fóra das nosas posibilidades de actuación como simple Asociación de Troiteiros: referímonos á indolencia ou pasividade coa que os responsables da nosa ADMINISTRACIÓN se enfrontan a determinados feitos que xa foron denunciados por nós en máis dunha ocasión. Con tal fin a Xunta Directiva de esta asociación mantivo unha reunión na mañá de hoxe coa alcaldesa de Melide “Socorro Cea” para falar dos continuos vertidos nos rios, obtendo o compromiso do concello de Melide de que ditos vertidos serán erradicados a medio plazo mediante a construcción dunha nova depuradora no POLIGONO INDUSTRIAL DE MELIDE cuio prazo de execución remata no mes de Nadal de 2008.
Melide, 1 de setembro de 2008
Asdo. Xavier Pazo Blanco
Presidente Asoc. Troiteiros Río Furelos
2 comentarios:
Well, all I can say is. Im hungry.
Thanks to the blog owner. What a blog! nice idea.
Publicar un comentario