10/29/2014

Gala do Deporte da Pesca de Galicia

O pasado sábado nos salóns do Hotel Congreso de Santiago, a Federación Galega de Pesca entregou os galardóns os deportistas máis destacados de cadansua categoría. Foron premiados os campións autonómicos, os podiums nacionais e internacionais e tamén os campions do Open Presidente da Xunta dos anos 2011, 2012, 2013 e 2014. 
Recibiron galardons nas disciplinas de pesca fluvial de Black bass beira, auga doce, carfishing, salmónidos mosca e salmónidos lance; e tamén nas de pesca marítima de pesca dende rocha, corcheo mar, mar costa, embarcación fondeada.
Así mesmo aprobeitouse a ocasión para entregar as insignias de ouro os antiguos directivos da Federación Galega de Pesca en recoñecemento a súa labor pasada.Tamén se entregou unha replica do trofeo do mundial o Campión do mundo na disciplina Salmónidos Mosca 2012 David Arcay e máis a medalla do COI polo titulo europeo acadado por Vicente Crespo.

O acto foi dirixido pola voz dos pescadores, Rodrigo Perez, presentador do programa Caza e Pesca na Galega. Os setetentesete galardóns foron entregados polas distintas autoridades asistentes, cabe destacar a presencia da directora Xeral de Conservación da Natureza Verónica Tellado, a subdirectora da Dirección Xeral para o deporte Laura Mosquera, así como a xefa do servizo Programas da Radio Galega Gloria Ferreiro e maís presidentes e directivos da meirande parte dos clubes de pescadores da nosa comunidade.


Un saudo 
Jesús F.Bolaño Garcia 
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP
 

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License