Páginas
▼
10/08/2014
1ª Xornada Técnica de Pesca Deportiva e Medio Natural do Concello de O Pino
A primeira xornada do medio natural e da pesca deportiva de O Pino deu a coñecer e divulgou os valores deportivos e sociais que ten a pesca deportiva, o potencial que atesouran as augas continentais e a relación co medio ambiente.
Durante toda a xornada, pasaron pola Lagoa da Magdalena (Santiso-O Pino) unhas cen persoas chegadas de diversos lugares de Galicia (Vigo, Ferrol, Valdoviño, A Coruña, Santiago, Narón, Abegondo, Lugo...)
A primeira ponencia do día foi a cargo do xornalista Alberto Torres quen reparou no papel da prensa na defensa do medio ambiente.
O relator da Lei de Pesca de Galicia, Pepe Casal, foi moi ilustrativo na súa ponencia “Pesca e Deporte”, amosando as diferentes modalidades e técnicas de pesca.
A continuación Fernando Cobo, biólogo e profesor da USC, ilustrou aos mais cativos na significación e na importancia da biodiversiodade.
Acto seguido, os participantes se trasladaron ao Río Mera onde tres biólogos da Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con impartiron unha clase práctica a pe de río.
Xa de volta, foi a quenda dos “Artesáns da Pesca” Paco Porto, Oscar Gayoso, Eloi Saavedra, Suso Vilar e Alberto Mera, quenes puxeron sobre o torno un Obradoiro de señuelos e complementos de pesca con moscas para troita, reo, salmón e reclamos para pesca no mar. Suso Vilar explicou os pasos para confeccionar unha cana de bambú.
Logo do xantar na área recreativa, o Campión Mundial de Salmónidos-Mosca en Eslovenia 2012, o coruñés David Arcay impartíu un Clinic de lance.
Como colofón á xornada, todos, especialmente os cativos, disfrutaron da pesca na lagoa.
Os axentes do Servizo de Caza e Pesca Julio Gigirey e Jesús Blanco velaron pola utilización dos anzóis sen arponciño e pola correcta manipulación e devolución das troitas á auga.
Durante toda a xornada, as evolucións dos participantes foron seguidas moi de preto polo Alcalde de O Pino Manuel Taboada Vigo, e polo tenente Alcalde Manuel Canabal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario