9/24/2014

PROXECTO RIOS EN TEO E MELIDA

Benqueridas/os compañeiras/os,
A finais desta semana procederemos a enviar os cartaces coas pegatinas onde se especifica o nome do/a coordinador/a e o voso teléfono. Agradecemos de antemán o esforzo de coordinación que asumides e agardamos que sexa esta unha actividade agradable. Se houbera algún cambio na persoa que coordina, facédemo saber canto antes. Tamén precisamos ter un enderezo postal para facer os envíos.
A semana que ven enviaremos as camisetas deste ano, xunto cos protocolos. Este ano decidimos facer un reparto máis ou menos equitativo das camisetas, xa que é complicado saber con antelación cantas persoas participarán. Cos protocolos faremos igual e mandaremos uns poucos para que a xente que estea interesada o poida levar. Recomendamos que cando se inicie a actividade se comenten as indicacións que aparecen no protocolo. Cando vos chamen para anotarse deberedes informar do evento, sobre todo da hora e punto de encontro. Recordamos que cada coordinador/a ten liberdade para escoller o treito de río, e o horario da actividade (como aproximación recomendamos que se quede cos voluntarios/as ás 10.30h e se prolongue a actividade até as 13.30h-14.00h).
Probablemente na semana do 22 de setembro faremos unha rolda de prensa presentando aos medios de comunicación o inicio de campaña de outono coa actividade da Limpeza de Ríos. Esa semana tamén estará accesible a páxina web da Limpeza de Ríos onde poderedes consultar unha descrición xeral do evento, os participantes, colaboradores e coordinadores por zona.
Os/as coordinadores/as deberedes contactar co concello, co fin de solicitar que coloquen contedores para a recollida do lixo nalgún lugar concreto. Tamén deberedes confirmar a súa posterior retirada por parte da equipa de limpeza do concello.
Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:
-Luvas.
-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).
-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).
-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo.
Algún deste material pódeselle pedir ao concello.
Para o desenvolvemento da xornada é preciso contar con algunhas medidas de seguridade elementais para non mancarse ao retirar o lixo. Algunhas poden ser:
-Non arriscar a integridade física por coller lixo en zonas perigosas ou pouco accesibles.
-Ao levantar pesos facelo sempre dobrando os xeonllos. Pedir axuda a outros compañeiros/as para recoller cousas pesadas.
-Se hai cristais, vidro, ferralla, ou outro material cortante retiralo con precaución se é posible.
-Aplicar o sentido común. Sempre se pode chamar ao concello para que retire o lixo máis problemático.
-Se no grupo van nenos/as ter boa conta deles e non deixalos sós.
-Non traballar de costas ao río sobre todo se estamos arrincando algo que está enterrado xa que podemos caer ao cauce.
-Ter coidado coas zonas de corrente forte e profundas.

Unha vez realizada a limpeza de ríos pedímosvos que nos enviedes o mesmo domingo unha mensaxe (619 672 038), WhatsApp (627 628 194) ou un correo electrónico (pacobanhobre@adega.info) co nome do río no que se actuou, o número de voluntarios/as participantes e a estimación dos Kg de lixo retirado. Ademais precisamos ter fotografías da xornada para a elaboración dunha memoria da actividade.
Adxunto enviamos o cartaz da limpeza deste ano en PDF por se queredes divulgar a actividade nas vosas redes. Tamén se pode descarregar da web da limpeza: http://limpeza.proxectorios.org/
Se tedes calquera dúbida podedes contactar con nos.
Un cordial saúdo a todos e todas.
Paco Bañobre (619 672 038)
Ramsés Pérez (616 238 050)
 

-- 
Paco Bañobre
Coordinador de grupos do Proxecto Ríos
981 57 00 99 / 619 672 038
Travesa de Basquiños 9 baixo 15704 Santiago de Compostela
www.proxectorios.org
www.adega.gal

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License