4/06/2014

I OPEN AUTONÓMICO “TERRAS DO AVIA”

COUTOS DE RIBADAVIA E TRAMO LIBRE SEN MORTE RÍO AVIA
SALMÓNIDOS LANCE - MOSCA
27-ABRIL-2014


PROGRAMA


10:00  Concentración e recepción dos participantes na área recreativa de “A      Veronza”, Ribadavia.
11:00  Inicio da competición para os Benxamíns e Infantís.
13:30  Fin da proba.

14:00  Xantar pic-nic.

16:00  Inicio competición Xuvenís
18:30  Fin da proba.
19:00  Clasificacións, entrega de trofeos e peche da competición.



BASES

A Competición desenvolverase nas seguintes modalidades:

-BENXAMÍN: Ata os 11 anos, cumpridos no ano da competición.

-INFANTÍS: Máis de 11 anos e ata os 14 anos, cumpridos no ano da competición.

-XUVENÍS: Máis de 14 anos e ata os 18, cumpridos no ano da competición.   

O Comité determinou que o Campionato se desenvolverá a culleriña e mosca con buldó (máximo 3 moscas), ou cola de rata . Os anzois, tanto das moscas como das culleriñas deberán estar desprovistos de arponciño ou semellante, ou ben telo  totalmente inutilizado, de xeito que non fagan resistencia algunha ó desanzolado.

As capturas, unha vez medidas polo control, serán devoltas vivas ao seu medio. A Organización proverá ós deportistas do correspondente medidor. Serán válidas tódalas capturas.

O non previsto nestas normas rexerase polo Regulamento de Competición da Federación Española de Pesca y Cásting, e medidas que se establezan na reunión de Delegados e polo propio Xurado da Competición.

A fin de garantir a seguridade dos menores, na categoría benxamín, poderá esixirse a presenza de algún familiar do participante durante o tempo que dure a competición.

A organización adoptará as medidas que salvagarden a responsabilidade non deportiva dos Organizadores, en particular esixirase autorización por escrito dos pais ou representantes legais dos participantes.

Todos os participantes deben estar en posesión da correspondente licenza federativa e da licenza galega de pesca fluvial en vigor.

As inscricións faranse nas Delegacións Provinciais da F.G.P. A data límite de inscrición é o mércores 24 de Abril de 2014.




Asinado: Jesús F. Bolaño García
Presidente do Comité de Salmónidos da FGP

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License