5/16/2012

XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA

Coma tódolos anos imos  organizar este ano o XVIII TROFEO CIDADE DE NARON DE PESCA , a súa fecha de celebración vai ser ó igual que en edicións anteriores o día 17 de Maio , Día das Letras Galegas , no entorno do couto que esta sociedade xestiona xunto có Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente : O couto troiteiro de Xubia .
Puntuarán únicamente troita e reo, sendo o cebo de libre elección para o participante.
Sinalar que dentro destas actividades de xestión que se levan a cabo ó longo do ano e que realizan socios da sociedade encóntranse as de limpeza de marxes , eliminación de lixo do cauce e restauración de graveiras de freza
PROGRAMA:
·         7:30 Concentración no bar aOs Rubios  (A Mourela-Neda)
·         9:00 Inicio da proba
·         13:45 Entrega de capturas e pesaxe na Area recreativa municipal de Pedroso

Por último anotar que a actividade rematará cunha comida de confraternidade que terá lugar no restaurante A Trasanquesa en Sedes (Narón) a apartir das 15:00 h.
Recórdase a tódolos pescadores da comarca a posibilidade de inscribirse coma participante , posto que o concurso ten carácter aberto por estar patrocinado polo Padroado de Deportes do Concello de Narón.
En ámbolos dous casos , rogamos que se poñan en contacto con nós o antes posible para tramitar a súa inscrición , que coma todos os anos será preferente para os socios, aínda que aberta ó resto de pescantíns .
Recordamos  que o horario de oficina é de 20.00 a 21.00 h.  Os venres ; o noso tel-fax  é 981 387809 ou mediante o correo electrónico arrotreba1@terra.es
Tamén se pode contactar coa organización do concurso nos tel mobiles:
615055041 e 618766262

Atentamente, o presidente .

ELOI SAAVEDRA VIDAL

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License