“Trofeo CUCHARILLAS EDU ”
6 – 04 – 2012.
Organiza: Club de Pesca Deportiva LONDRA.
ROIS.
Celebrouse en Rois o IX CAMPEONATO DE PESCA CONCELLO DE ROIS, Trofeo CUCHARILLAS EDU , que organiza o Club de Pesca Deportiva LONDRA e que se disputa no Couto de pesca de Rois, que este Clube ten consorciado coa Xunta de Galicia.
O día amanecía moi frío, con unha temperatura de tres grados e o vento en calma, nada que ver coas temperaturas de días atrás onde se superaban ó mediodía os 25 grados, o que añadido ó baixo nivel do río por mor da seca que se está a padecer, non auguraba un moi bo resultado en canto a capturas se refire, aínda que os pescadores, nos prolegómenos do campeonato non perdían a esperanza de acadar un bo resultado, xa que se ven moitas troitas e de bo tamaño.
Como en edicións anteriores, os participantes concentráronse ás 7 da mañá na Taberna O´Pemento de Seira, na que se repartiron os dorsais, se sortearon as dúas mangas nas que ía a discurrir a proba e se lle entregaron a todos os participantes unhas cucharillas sen morte, xentileza de “Cucharillas EDU ”. Ás 8:00 da comezo o campeonato na primeira manga que se prolongaría ata as 10:00, logo de unha hora de descanso para repoñer forzas, ás 11:00 daba comezo a segunda manga que se prolongaría ata as 13:00, tendo os pescadores ata as 13:30 para entregar as plicas de novo na Taberna O´Pemento de Seira.
O reconto de plicas arroxaba un cómputo total de 17 capturas entre os 38 pescadores participantes, lamentándose en algún caso da fuga de algún que outro exemplar de bo tamaño, achacando esto á modalidade na que se levou a cabo a proba, sendo esta sin morte, polo cal todos os aparellos empregados carecían de arponciño no anzol que non facilita a extracción da pesca.
Logo de rematar o reconto de plicas, o Xuíz da proba, D. Luis Piñeiro Mirás, procedeu a proclamación de vencedores, quedando como sigue a clasificación,
CATEGORÍA SENIOR:
1º- JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
2º- JAVIER TORRES PRECEDO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
3º- ROY JUAN LÓPEZ MURIEL. (A.D.N. DE RIBADAVIA )
4º- JOSÉ OTERO REBOREDO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
5º- JOSÉ LUIS BLANCO GONZÁLEZ. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
6º. JOSÉ DEL RÍO SOMOZA. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
6º- IVÁN GESTOSO REY. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
7º- MANUEL RODRÍGUEZ VIDAL. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
8º-SANTIAGO RODRÍGUEZ VIDAL. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
CATEGORÍA XUVENIL:
1º- JESÚS CANICOBA ABOY. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
2º- MARTÍN SECO VELO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
3º- RICARDO PEREIRA GÓMEZ. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
4º- FRANCISCO SÁNCHEZ GONZÁLEZ. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
CATEGORÍA DAMAS:
1ª- CARLOTA GUIMAREY PÉREZ. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
2ª- MELANIE GESTOSO REY. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
3ª- ALBA CASTRO BELLO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
4ª- JESSICA MOLDES OJEA. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
5ª- CECILIA ABOY FABEIRO. (Club de Pesca Deportiva LONDRA)
6ª- NIEVES IGLESIAS CARRERA. (A.D.N. DE RIBADAVIA)
TROFEO “CUCHARILLAS EDU ” A PEZA MAIOR:
JOSÉ MARÍA BLANCO OTERO. ( 28 cm .)
TROFEO PESCADOR MÁIS VETERÁN.
MANUEL REY RODRÍGUEZ.
De seguido trasladáronse os participantes e acompañantes ata o Restaurante Bernabé en Padrón onde participaron nun xantar de confraternidade, no transcurso do cal se entregaron os premios ós gañadores por parte das autoridades presentes, sorteáronse agasallos entre todos, entregándose tamén por parte do Clube LONDRA, dúas distincións a sendas empresas (Destilerías Compostela e Citroën-Bersán Automoción) que apoian e patrocinan as actividades que este Clube realiza e donan a indumentaria que este Clube luce nos campenatos que participa.
Dende a Directiva do Clube LONDRA, agradecemos a colaboración das firmas comerciales que donaron material de pesca e outros agasallos e a todos os que de unha maneira ou otra nos axudan a levar a cabo durante o ano todas as actividades que realizamos, sin esta axuda non sería posible, tamén agradecer a presenza do Concellal de Medio Ambiente do Concello de Rois, D. Manuel Cobas Rey, do Vicepresidente da Federación Galega de Pesca, D. José Manuel Rey Alvela, do noso Socio de Honra D. José García García, á gardería privada do Couto de Rois, Juán e Jesús e á de Medio Rural, Alberto, sendo estos tres últimos os que velaron, para que a proba transcurrise con total normalidade e polo correcto cumprimento das normas en canto á normativa de pesca fluvial se refiere. Asimesmo agradecer o interés que mostran a todos os medios de comunicación que difunden as nosas actividades, dando a coñecer o noso traballo pola conservación dos ríos e a práctica da pesca deportiva e sostible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario