A TODOS LOS QUE QUIERAN COLABORAR QUE DESCARGUEN EL DOCUMENTO Y UNA VEZ LLENO DE FIRMAS HACERLO LLEGAR A
(BAR MEXICO, A PICARAÑA 15.900 PADRON , Telf.-981 803009 ) o a cualquier colaborador de la plataforma.
defensadosar@gmail.com
DESCARGAR DOCUMENTO
(BAR MEXICO, A PICARAÑA 15.900 PADRON , Telf.-981 803009 ) o a cualquier colaborador de la plataforma.
defensadosar@gmail.com
DESCARGAR DOCUMENTO
Os/As abaixo asinantes, fondamente preocupados polo deterioro do río Sar, MANIFESTAMOS:
-Como calquera outro río, o Sar constitúe un ecosistema que en si mesmo debe estar caracterizado por uns parámetros fisico-químicos que permitan a vida animal e vexetal en toda a súa diversidade, así como o consumo e uso da súa auga pola nosa propia especie. Sen embargo a utilización do cauce do Sar como un vertedoiro de refugallos foi incrementándose nos últimos trinta anos, de tal forma que é causa ano tras ano de considerables mortandades nas especies que habitan este ecosistema. Non se ve unha manifesta determinación por parte dos poderes públicos para poñer fin a esta situación de deterioro, limitándose ata agora a boas palabras e mesmo a poñer a etiqueta de LIC a este río, mais sen unha xestión consecuente deste LIC, como se os problemas se resolvesen por si sós, antes polo contrario miopes políticas locais permitiron a ubicación de industrias e vivendas en zonas con alto risco de inundación coas consecuencias de todos coñecidas, ademais de incrementar os problemas ambientais.
- Esta degradación do ecosistema, nefasta para as diversas especies animais e vexetais, tamén pode ser causa de problemas de saúde nas persoas. Abonda de abandono, de mirar para outro lado, da perpetuación deste deterioro.
-Ao mesmo tempo compre sinalar que o Sar é moito máis ca un río. Ao longo das súas ribeiras mosteiros e igrexas, pazos ou castros son unha permanente lección de historia, da historia do noso país, de nós mesmos. O Sar foi o camiño pretendido polos normandos para buscar as riquezas de Compostela e anteriormente, segundo a tradición, polas súas ribeiras os discípulos de Santiago levaron o seu corpo de Padrón ao Campus Stellae. Ao pe do Sar os suevos situaron a sede episcopal de Iria e as súas paisaxes foron a fonte de inspiración dunha das grandes figuras da nosa cultura: Rosalía de Castro. O Sar é cultura e historia, e pode ser fonte de recursos e de creación de riqueza.
Polo devandito e considerando que:
-o artigo 43 da vixente Constitución española recoñece o dereito á saúde, e que corresponde aos poderes públicos tutelar a saúde pública mediante as correspondentes medidas preventivas e no seu caso correctivas,
-o artigo 45 da vixente Constitución española recoñece que todos temos dereito a disfrutar dun medio ambiente adecuado e que os poderes públicos teñen a obriga de defender e restaurar o medio ambiente,
-o río Sar forma parte dun espazo natural xa protexido, o LIC Ulla-Deza,
-os compromisos do Estado Español coa Unión Europea en materia ambiental
SOLICITAMOS
A intervención sen máis demoras das distintas administracións públicas para reconducir esta situación. Tal intervención debe contemplar:
1.- A dotación de instalacións de depuración de augas residuais para toda a poboación da súa cunca, con expresión de prazos concretos, e en habéndoas, a realización de revisións periódicas para garantir o su correcto funcionamento.
2.- A consideración especial deste ecosistema nos PXOM dos respectivos concellos.
3.- A vixiancia permanente do cauce e ribeiras para evitar focos puntuais de contaminación debidos a núcleos habitados, industrias, actividades agrarias ou a calquera outra, ordenando as sancións que a lexislación prevea no caso da vulneración da normativa, así como para o control de calquera outra actividade irregular e tamén procurando a erradicación de especies invasoras existentes no mesmo.
4.- A efectos da eficacia das medidas estimadas instamos ás diversas administracións a establecer, sen demoras e con prazos concretos, unha xestión coordenada entre si e con outras administracións, cada unha no ámbito das súas competencias. A efectos da mesma eficacia, que non pode limitarse aos prazos polos que se anovan periódicamente os nosos xestores, demandamos a participación e compromiso dos distintos partidos políticos e a unanimidade na toma destes e outros acordos que teñan o mesmo fin, co obxecto de garantir unha xestión continua a medio e longo prazo.
5.- Invitamos aos nosos xestores públicos a recuperar esta paisaxe e a establecer un itinerario natural-cultural desde o mesmo nacemento do Sar ata a súa desembocadura, na consideración de que o mesmo será fonte de creación de postos de traballo e de satisfacción e de saúde para todos.
Buena iniciativa luispi.
ResponderEliminarFelices fiestas y feliz años nuevo.
Un abrazo.