7/08/2011

Proxecto “Aventuras nas terras dos Ulloa”


A Asociación de Troiteiros Río Furelos, está a colaborar nas actividades do Proxecto “Aventuras nas terras dos Ulloa” dentro da campaña de campamentos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a cargo de Aventurocio de Galicia SL. 

            Os participantes destes campamentos distribuiranse en tres quendas, tal como segue:

1        Quenda 1-12 Xullo: 60 rapaces/as de 13 a 15 anos
2        Quenda 17-28 Xullo: 60 rapaces/as de 15 a 17 anos
3        Quenda 2-13 Agosto: 60 rapaces/as de 12 a 14 anos

            Durante estas xornadas amosase os acampad@s  rapaces de Burgos, Zaragoza, Coruña e Ourense a necesidade de coidar os rios mediante a proxección dos arquivos visuais da Asociación de Troteiros Río Furelos, nas xornadas de limpeza do Río Furelos e afluentes, que se  celebran o último sábado de Agosto e os dous primeiros de Setembro (www.riofurelos.es). Explicando o proceso de recollida dos distintos tipos de lixo que se atopan no rio, e o seu tratamento.

            Outra das actividades e dar a coñecer o deporte da Pesca, as súas artes, o seu vocabulario, a  lexislación, e unha demostración da  elaboración de moscas artificiais e outros cebos para a pesca, complementandose cunha ruta de  senderismo pola ribeira do rio.

            Queremos agradecer a empresa encargada deste campamento (Aventurocio de Galicia SL), O seu interés nas nosas actividades, e de transmitirllas ós participantes do campamento.

Melide 7 de xullo de 2011

O Presidente da Asociación                                                           Xavier Pazo Blanco



No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License