No marco das actividades programadas ao longo do ano que está a organizar a Asociación de Troiteiros “Río Furelos” de Melide, temos que dar conta de que o próximo sábado, día 4 de xullo, vai ter lugar a XORNADA DE PESCA E CEIBA no coto do río Furelos. Como é lóxico, o número de prazas é limitado, (só poden participar 15 troiteiros) polo que se fai saber a todos os que estiveren interesados, que é preciso inscribirse seguindo o procedemento habitual, é dicir, chamando ao teléfono 696 607 348, ou enviando un e-mail ao correo da asociación:
O prazo para se inscribir remata o venres 3 de xuño.
Como é natural neste tipo de pesca só se pode usar culleriña con un único anzó e sen arpón. Membros da Asociación velarán para garantir que se cumpran as normas establecidas e que a xornada, en sesión de mañá e tarde, transcorra con normalidade.
Animamos a participaren a todos aqueles que queiran disfrutar dunha xornada de lecer e, os que o desexen, dun xantar no que podermos repoñer forzas e cambiar impresións.
O agradecemento da Asociación a todas aquelas entidades e particulares que, tal como se recolle na publicidade que anuncia o evento, colaboran connosco: Concello de Melide, Deputación da Coruña, Consellería de Medio Ambiente, etc.
Melide 29 de maio de 2011
O Presidente da Asociación
Xavier Pazo Blanco
No hay comentarios:
Publicar un comentario