10/01/2010

UNOS DESGRACIADOS SECAN EL RIO FURELOS

A Asociación de troiteiros “Río Furelos” quere denunciar unha falcatruada nada inocente que se ven reiterando nun tramo do Furelos.

Non é a primeira nin a segunda vez que acontece. O tramo do Furelos que discorre entre a Praia Fluvial e a ponte da estrada Lugo-Santiago (arredor de 600 metros) apareceu completamente seco esta semana. Trátase dun acto de vandalismo reiterado que consiste en desviar a auga do río pola gabia que vai dar ao muíño de Ludivina, hai tempo abandonado. O procedemento coidamos que é demasiado sinxelo, por iso se repite. O único que hai que facer é inutilizar o cadeado que pecha as comportas, abrilas e a auga discorre de seu pola gabia do muíño. A intención pode ser, simplemente, divertirse facendo mal, ou sacarlle proveito collendo todas aquelas troitas que quedan atrapadas nas pucharcas, nas oucas e nas raíces das beiras. En todo caso prodúcese unha rotura da cadea trófica e altérase perigosamente o hábitat dunha ampla zona do río polo que as troitas non poden subir nin baixar.
Coñecedor destes actos, o Concello non se sente responsable e considérao simplemente un acto de vandalismo. Non obstante nós, como Asociación de Troiteiros, pensamos que hai que ir un pouco máis alá. Aproveitando que este luns vai comezar a segunda fase de remodelación da Praia Fluvial, solicitamos que se modifique o sistema de seguridade das comportas, a fin de evitar que se repita este tipo de actos tan prexudiciais para o río, tal como se demostra nos arquivos gráficos que se acompañan.


                                                                      Melide 28 de setembro de 2010    
O Presidente da Asociación “Río Furelos”
Asdo. Xavier Pazo Blanco

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License