9/03/2010

SAN RAMÓN 2010, TROITEIROS DO RIO FURELOS

Participaron todolos veciños da rúa Mateo Segade Bugueiro e contamos coa presenza de moitos forasteiros e peregrinos, a compañados pola música do grupo de gaitas Buxaina. No xantar de polbo e carne o caldeiro, participaron máis de 250 persoas, no que ao remate disfrutaron dunha queimada feita polo Presidente da Asoc. de Troiteiros e agasallada pola Organización da Festa. Decir como nota destacante e criticada polo pregoeiro Xavier Pazo, entre outras, a descoordinación da Organización, pois foron os cambios constantes e a pouca información que non se tivo coñecimento da festa ate 48 horas antes e nin se tiña coñecimento de que grupo (duo) e charanga tiña confirmada a súa actuación.

Agradecer ao Concello de Melide a súa Colaboración (mesas e carpa) e a todolos participantes que superon sufrir as consecuencias e carencias con humor. Rompendo con todolos protocolos neste tipo de actos, o Pregoeiro Xavier Pazo tivo que ler por 2ª vez as 23:00 horas o PREGÓN, ante a petición da Organización e do público presente na actuación da noite.
Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".



Xavier Pazo Blanco

Tel. 696607348

www.riofurelos.es

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License