Estimados/as señores/as:
Como convidados ás mesas de participación activa no proceso de elaboración do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa, informámoslles que no día de hoxe anúnciase no DOGA o inicio do período de consulta pública do Borrador do Plan.
O Borrador permanecerá a consulta pública por un período de 6 meses, durante os que poderán consultar o documento nas distintas sedes do Organismo de Conca ou na páxina web de Augas de Galicia: http://augasdegalicia.xunta.es/
Animámoslles a participar e presentar as observacións, comentarios ou alegacións que consideren oportunas.
Así mesmo xúntase unha enquisa, de cara a coñecer a súa opinión sobre o documento, o que nos permitirá mellorar no proceso de planificación que estamos a desenvolver.
DESCARGAR ENQUISA
Agradecemos de antemán a súa colaboración
A PRESIDENCIA DE AUGAS DE GALICIA
Para calquera dúbida ou comentario poden dirixirse ao seguinte enderezo electrónico:
ou ao telefono 981544550.
Agradecemos de antemán a súa colaboración
A PRESIDENCIA DE AUGAS DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario