Se informa a todas as Federacións Galegas Deportivas da nova convocatoria dos cursos de Adestrador de Nivel I e II. Tanto os contidos do curso como o formulario de inscrición o tendes na nosa web, www.deportegalego.es , o enlace é este:
Inscrición a través de correo electrónico ou fax (ver pe de páxina), ou en man no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela. Fin de prazo: 1 de outubro ás 14:00 h.
Accións formativas no deporte galego.Ano 2010
Introdución
Nesta publicación refíctense as dúas accións formativas que desenvolverá no ano2010 a Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Escola Galega do Deporte.
Nesta publicación refíctense as dúas accións formativas que desenvolverá no ano
Estas accións, Cursos do Bloque Común de Nivel I e II, desenvolveranse, respectivamente, nos meses de outubro e novembro de 2010 cunha carga horaria de 45 e 70 horas repartidas en dous e tres fins de semán.
Descarga de información:
Inscripción:
Formación de adestradores/as deportivos/as
O reais decretos 1913/1997 e 1363/2007 establecen e ordenan como Ensinanzas de réxime especial as conducentes á obtención de titulacións de técnicos deportivos. As ensinanzas das sete modalidades deportivas actualmente adaptadas a estas normas (atletismo, baloncesto, balonmán, deportes de inverno, deportes de montaña, fútbol e fútbol-sala) son equivalentes para todos os efectos cos correspondentes graos da formación profesional, e dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O resto de modalidades (as que aínda non desenvolveron o decreto que as implanta como ensinanzas de réxime especial) están no chamado Período transitorio, regulado pola Orde ECD/3310/2002 e que en Galicia depende da Secretaría Xeral para o Deporte. Para que as formacións deportivas organizadas polas federacións galegas destas modalidades poidan ter algún tipo de validación académica futura, deben contar coa autorización administrativa da Secretaría Xeral para o Deporte. Unha vez que a modalidade deportiva se adapte ás ensinanzas de réxime especial, as formacións que foron realizadas no Período transitorio poden obter a validación, parcial ou total, correspondente. Estas formacións estrutúranse en 3 niveis, e cada un deles está formado por un bloque común, un bloque específico e un bloque de prácticas. A Escola Galega do Deporte imparte o bloque común dos distintos niveis, de xeito que as federacións poden optar por ofertar unicamente o bloque específico e o de prácticas.

Horas de Formación
Nivel I | Nivel II | Nivel III | |
Bloque común | 45 h | 70 h | 100 h |
Bloque específico | 75 h | 210 h | 300 h |
Bloque de prácticas | 150 h | 200 h | 200 h |
270 h | 480 h | 600 h |
Nos próximos cursos, o de Nivel I, outubro de 2010, terá un total de 35 horas presenciais e as 10 restantes serán non presenciais, e no de Nivel II, novembro do 2010, serán 48 presenciais e 22 non presenciais.
Bloque común:
· Fundamentos biolóxicos
· Comportamento e aprendizaxe
· Teoría e práctica do adestramento deportivo
· Organización e lexislación do deporte
Bloque específico:
· Formación técnica, táctica e regulamentos
· Didáctica da especialidade deportiva
· Seguridade e hixiene
· Desenvolvemento Profesional
Bloque de prácticas:
· Para realizalo é necesario ter superado o bloque específico. Respecto ao bloque común, é necesario telo superado ou, cando menos, estar matriculado/a nel. Será supervisado por un/ha titor/a. Formado por 3 fases: observación da actividade do/a titor/a, colaboración co/a titor/a e actuación supervisada.
Inscricións
Bloque común: na Escola Galega do Deporte. Ver www.deportegalego.es

Bloque específico: contactando coa federación galega correspondente.
Acceso a inscripción Online:
Prezo
Os cursos organizados pola Escola Galega do Deporte son gratuítos.
Cada federación establecerá o prezo dos seus cursos.

Preguntas frecuentes
1. Que son as formacións deportivas do Período transitorio?
Son os cursos de adestradores/as, feitos polas federacións e os departamentos de deportes das comunidades autónomas, nas modalidades deportivas que non están implantadas como ensinanzas de Réxime especial. As ensinanzas de Réxime especial teñen unha estrutura similar e titulación equivalente para todos os efectos coas ensinanzas da Formación profesional.
Este período representa un proceso de transición entre as formacións deportivas que tradicionalmente realizaban as federacións (exemplo: monitor, adestrador rexional, adestrador nacional...) e as novas ensinanzas deportivas de Réxime especial. Cando unha modalidade deportiva se implante como ensinanza de Réxime especial, as formacións que foron realizadas no Período transitorio poden obter a validación, parcial ou total, correspondente.
2. Que normas principais regulan o Período transitorio?
REAL DECRETO 1363/2007, do 24 de outubro, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial (BOE, 8 de novembro de 2007).
ORDE ECD/3310/2002, do 16 de decembro, pola que se regulan os aspectos curriculares, os requisitos xerais e os efectos da formación en materia deportiva aos que se refire a disposición transitoria primeira do Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro (BOE, 30 de decembro de 2002).
3. Que tipos de ensinanzas deportivas son oficiais?
Hai 2 tipos de formacións deportivas autorizadas pola Administración:
1. As que autoriza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: son as Ensinanzas deportivas de Réxime especial.
Son unicamente as das seguintes modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, balonmán, deportes de inverno, deportes de montaña, fútbol e fútbol-sala. Está a piques de incluirse Espeleoloxía.
Obtense o título de Técnico deportivo ou Técnico deportivo superior na modalidade deportiva correspondente. Pódense impartir en centros públicos ou privados. Son equivalentes, para todos os efectos, cos correspondentes graos da Formación profesional.
2. As que autoriza a Secretaría Xeral para o Deporte: son as formacións do Período transitorio.
As federacións que aínda non se adaptaron á nova normativa, e polo tanto non están implantadas como ensinanzas de Réxime especial, están no Período transitorio. Os cursos organizados por estas federacións deben contar coa autorización administrativa da Secretaría Xeral para o Deporte. Conducen á obtención dun diploma acreditativo de ter superada a formación de adestrador/a deportivo/a de Nivel I, Nivel II ou Nivel III.
4. Que modalidades deportivas están no Período transitorio?
Estas son as federacións galegas de modalidades deportivas que se atopan no Período transitorio, e que polo tanto poden impartir cursos autorizados pola Secretaría Xeral para o Deporte:
Activ. Subacuáticas
Aeronáutica
Automobilismo
Bádminton
Béisbol e Sófbol
Billar
Bolos
Boxeo
Caza
Chave
Ciclismo
Colombofilia
Columbicultura Dep. Minusv. Físicos
Dep. Minusv. Psíquicos
Deportes para xordos
Esgrima
Esquí Náutico
Golf
Halterofilia
Hípica
Hockey
Judo e D.A.
Karate e D.A.
Kung-Fu
Loita Motociclismo
Motonáutica
Natación
Patinaxe
Pelota
P.M. e Triatlón
Pesca e Casting
Petanca
Piragüismo
Remo
Rugby
Salv. e Socorrismo
Squash Surf
Taekwondo
Tenis
Tenis de Mesa
Tiro con Arco
Tiro Olímpico
Vela
Voleibol
Xadrez
Ximnasia
5. Cando remata o Período transitorio?
O Período transitorio non ten unha data de finalización común para todas as modalidades. Unha modalidade deportiva deixa de estar no Período transitorio no momento no que implanta como ensinanza de Réxime especial.
6. Cantos anos pode estar unha modalidade no Período transitorio?
A normativa vixente non di nada sobre isto.
7. Quen pode organizar os cursos?
As federacións deportivas galegas inscritas no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte, e a Escola Galega do Deporte.
Ao ser o bloque común idéntico para todas as modalidades, a Escola Galega do Deporte oferta a realización de cursos do dito bloque. Así, as federacións poden ofertar unicamente o bloque específico e o de prácticas.
8. Están recoñecidos pola Escola Galega do Deporte todos os cursos de formación que fan as federacións deportivas galegas?
Non. A Escola Galega do Deporte soamente autoriza os cursos que se adaptan á normativa que regula a formación do Período transitorio. As federacións deportivas poden facer outros cursos non autorizados, pero unicamente son válidos para o ámbito federativo.
Os cursos feitos polas federacións dende o 9 de novembro de 2007, que non conten coa autorización da Escola Galega do Deporte, non serán validados, nin total nin parcialmente, cos títulos das ensinanzas de Réxime especial.
9. Que requisitos debo cumprir para matricularme?
1. Requisitos xerais
Nivel I: 16 anos feitos e ter o título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente (ata 2º de BUP).
Nivel II: ter superado o Nivel I da mesma modalidade deportiva.
Nivel III: título de Bacharelato, ou equivalente a efectos académicos, e ter superado o Nivel II da mesma modalidade deportiva.
Excepcións: os/as solicitantes que non posúan os títulos académicos requiridos poderán matricularse cando:
No Nivel I: ter feitos os 17 anos no momento da inscrición e ter superada a “proba de madurez”.
No Nivel III: ter feitos os 20 anos no momento da inscrición e ter superada a “proba de madurez”.
A “proba de madurez” é un exame sobre coñecementos e habilidades relacionadas cos obxectivos da ESO ou do Bacharelato que convoca anualmente a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2. Requisitos específicos
Nivel I: no momento da matrícula no bloque específico que convoque cada federación, haberá que superar unha proba de acceso que será definida pola propia federación. En certos deportes esta proba de acceso será substituída pola acreditación de mérito deportivo.
Nivel II e III: non hai.
Colectivos exentos do cumprimento dos requisitos específicos:
- os/as Deportistas galegos/as de alto nivel, recoñecidos/as como tales pola Secretaría Xeral para o Deporte;
- os/as Deportistas de alto nivel ou alto rendemento recoñecidos/as polo CSD;
- os/as deportistas integrantes dalgunha selección española e os/as deportistas participantes nunha das últimas cinco competicións nacionais oficiais.
10. Que documento acredita a superación do curso de adestrador/a?
Coa superación dos 3 bloques (bloque común, bloque específico e bloque de prácticas), o/a alumno/a obterá un diploma de adestrador/a do nivel que corresponda: “Adestrador/a deportivo/a de (modalidade deportiva correspondente)
- Nivel (I, II ou III)”, expedido conxuntamente pola federación e a Escola Galega do Deporte.
Os/as que superen un curso do bloque común organizado pola Escola Galega do Deporte obterán un certificado que unicamente é válido para acreditar, ante unha federación deportiva, a superación do dito bloque.
11. Para que serve o diploma que obteño coa realización dun curso do Período transitorio?
1. Para desenvolver tarefas de iniciador/a e/ou adestrador/a en actividades vinculadas ao deporte federado: clubs e federacións.
2. Unha vez que a modalidade deportiva se adapte ás ensinanzas de Réxime especial, as formacións do Período transitorio poderán ser validadas total ou parcialmente. O bloque común terá a consideración de Ensinanza oficial. O bloque específico e o de prácticas poderán obter un recoñecemento a efectos de correspondencia formativa coas Ensinanzas oficiais. A superación dos tres niveis poderá dar lugar á equivalencia profesional que corresponda.
3. Para exercer como docente nos propios cursos. As persoas sen titulación académica (licenciatura, enxeñaría, técnico/a deportivo/a...) que desenvolvan a súa actividade no eido deportivo, e conten con experiencia docente acreditable, poderán exercer como profesores/as logo da correspondente autorización administrativa.
12. Cantos tipos de diplomas pode haber hoxe en día?
1. Os das ensinanzas oficiais de Réxime especial, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
2. Os das formacións deportivas do Período transitorio, dependentes da Escola Galega do Deporte. Válidos para o ámbito federativo e con validacións cando a modalidade deportiva se adapte ás ensinanzas de Réxime especial.
3. Os meramente federativos, sen autorización da EGD, feitos ata o 8/11/2007: válidos no ámbito federativo, algúns servirán para validar algunha parte dos títulos das ensinanzas de Réxime especial ou para acceder aos niveis II e/ou III do Período transitorio.
4. Os meramente federativos, sen autorización da EGD, feitos despois do 8/11/2007: unicamente para o ámbito federativo, non terán validación ningunha.
13. Que validez teñen os diplomas dos cursos feitos no pasado?
1. No ámbito federativo: teñen a mesma validez de sempre, que é a mesma que a dos cursos do Período transitorio.
2. Cando a modalidade deportiva se implante como ensinanza de Réxime especial: algúns diplomas poderán ser validados parcialmente, en función das horas e as materias impartidas, pero con máis dificultade que as formacións do Período transitorio, xa que teñen menor carga horaria e son formacións que non están recoñecidas pola Administración deportiva nin educativa.
3. Tamén poder servir para exercer como docente nos cursos do Período transitorio.
4. Para acceder aos niveis II ou III do Período transitorio.
14. Podo homologar ou validar un diploma do pasado cun do Período transitorio?
Non. Os diplomas anteriores non se validan coas formacións do Período transitorio, pero si poden servir, en función da carga horaria e as materias do curso feito, para acceder aos niveis II e III dos cursos do dito período.
A solicitude de acceso aos niveis II e III do Período transitorio debe facerse no momento da inscrición do curso.
A Escola Galega do Deporte publicará nos vindeiros meses unha lista cos cursos do pasado que serven para acceder aos niveis II e III do Período transitorio.
15. Ao matricularme nun curso, podo validar algunhas materias?
É a Escola Galega do Deporte a competente en facer as posibles validacións, tanto no bloque común coma no bloque específico.
No bloque común, as seguintes materias serán “superadas por compensación” a quen posúa algunha das seguintes titulacións.

No bloque específico: as validacións non están claramente establecidas como no bloque común, polo que é necesario estudar cada caso.
Acreditando as titulacións anteriormente citadas: determinadas materias poderán ser “superadas por compensación”, en función do contido e carga horaria das materias cursadas.
Acreditando méritos deportivos: as materias que se refiran á técnica, táctica e regulamentos poderán ser “superadas por compensación” aos/ás que acrediten:
- ser DAN ou telo sido nos últimos cinco anos.
- ser DGAN ou telo sido nos últimos cinco anos.
- ter formado parte da selección española en calquera categoría nos últimos cinco anos.
- deportista participante nunha das últimas cinco competicións nacionais oficiais.

Se precisades mais información podedes chamar a:
981 542647
981 957084
981957082
Recibide un cordial saúdo
Mónica Carballo Miguez
Técnico Deportivo
Escola Galega do Deporte
monica.carballo.miguez@xunta.es
Telf 981.957.084
Fax 981.542.638
Estadio Multiusos de San Lázaro
15781 Santiago de Compostela
Páxina web: www.deportegalego.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario