ILLAS CIES (RIA DE VIGO)
18 de Setembro de 2010
B a s e s
PROGRAMA
08:00 Concentración de pescadores no peirao de San Adrian de Cobres - Vilaboa. (C.N.554 Pontevedra-Cangas); A-9, Saida 146 dirección Vilaboa
08:30 Saida pra zona de pesca.
10:00 Comenzo da primeira manga da proba.
13:00 Final da primeira manga e regreso a o peirao de Cies para a pesaxe, pic-nic e cambio de embarcación.
14:30 Saida para segunda manga
15:00 Comenzo da segunda manga
18:00 Fin da proba, regreso o peirao, pesaxe e clasificación de resultados.
__________________________________________________________
NORMAS ESPECIFICAS
A competición terá como esceario un polígono nas proximidades das Illas Cies na Ria de Vigo, para a cal se empregarán seis embarcacións que estarán ocupadas por catro pescadores cada unha máis un patrón.
A pesca dende embarcación fondeada, se realizará obrigatoriamente con cana, carrete e liña chumbada, ó baixo de liña somentes poderá levar un máximo de tres amocelos.
Os pescadores poden ter outras canas montadas pero sin o baixo de liña e somentes poderán utilizar unha en acción de pesca.
O cebo a empregar será de igual para todos os pescadores, éste será facilitado po la organización debendo aportar cada pescador por este concepto ó importe de 40 €. Queda prohibido o engado.
Será obligatorio facer o cambio de posto sengún o disputo no Regulamento de Competicións.
A efectos de capturas válidas para a pesaxe, somentes se considerarán as que superen a medida mínima legal por familias establecida po la Consellería de Pesca da XUNTA. Tampouco serán admitidas como válidas as seguintes especies: múxo, cabala e cefalópodos.
A puntuación para clasificar os resultados será de UN PUNTO POR GRAMO.
En canto a o resto das normas, serán de aplicación as reflectidas no regulamento de competicions da FGP.
Vilagarcia de Arousa, 30 de Agosto de 2010
VICTOR SERANTES CHANTADA
Presidente do Comité de E. Fondeada da FGP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario