4-SETEMBRO-2010
PROGRAMA
07:30 horas Concentración dos participantes no Club do Mar San Amaro
08:00 “ Saída ao caladoiro de pesca
09.00 “ Inicio da proba.
13.30 “ Fin da proba
15.00 “ Comida no Club do Mar San Amaro e entrega de trofeos.
Nota: O cebo será o facilitado póla organización e constará de.
8 caixas de coreano
¼ de gamba
O custo é de 20€ por pescador, será abonado ese mesmo día os provedores, polos participantes.
NORMAS PARTICULARES DE DESENVOLVEMENTO
· Constará dunha soa manga de catro horas de duración.
· O xuíz dará a sinal de comezo e fin da proba, así como as sinais de rotación cada hora, segundo a rotación das agullas do relo, asinando un tempo mínimo para o cambio.
· O campionato desenvolverase desde unha so embarcación na zona de Llacentes ría de A Coruña Ferrol.
· A pesca realizarase con cana, estando só unha en acción de pesca.
· Non se permite o cebado das augas.
· O cebo será único, facilitado pola organización
· O chumbo tocará fondo e só se permiten tres anzós.
· Serán válidas as capturas que non estean en veda e superen a medida legal establecida pola Consellería do Mar,(as especies que non dean esa medida mínima poden ser obxecto de sanción)
· A puntuación será un punto por gramo de peso considerando as especies dunha única categoría.
· O xurado estará composto polos membros da Federación presentes,un xuíz e dous representantes dos pescadores de entre os participantes elixidos entre eles .
En canto ao resto de normas, serán de aplicación as establecidas no regulamento oficial de competicións da Federación Española de Pesca.
Firmado: o Delegado da F.G.P.
No hay comentarios:
Publicar un comentario