7/16/2010

VIII OPEN DE ESPAÑA DE PESCA DE SALMÓNIDOS (LANCE E MOSCA)

Trofeo Presidente da Xunta de Galicia. Categorías Benxamín, infantil e Xuvenil,
MONTERROSO (Lugo) 10 a 12 de setembro de 2010
LUGAR: Río Ulla, Coutos Intensivo e Sen morte
Realizarase baixo a supervisión do Comité da especialidade, sendo a Organización a cargo da Federación Galega de Pesca coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Consellería de Medio Rural.
MODALIDADES:
BENXAMÍN: Ata os 11 anos, cumpridos no ano da competición.
INFANTÍS: Máis de 11 anos e ata os 14 anos, cumpridos no ano da competición.
XUVENÍS: Máis de 14 anos e ata os 18, cumpridos no ano da competición
INDICACIÓNS DE INTERESE
1.- A Organización sinala que a oficina de recepción estará situada no Hotel Río Ulla, Avenida de Lugo, 142, 27560 Monterroso (Lugo)  lugar ao que deberán dirixirse os asistentes, a partir das 18,00 horas do día 10 de setembro, data de inicio do Campionato, que culminará coa comida do día 12 de setembro.
2.- As inscricións dos acompañantes, obrigatoriamente se realizarán no prazo indicado no boletín de inscrición, acompañando ao mesmo o xustificante bancario correspondente.

3.- A documentación indicada, será enviada, mediante correo ordinario ou fax ao enderezo da Federación Galega de Pesca en Doutor Gasalla, 29, baixo 27004 Lugo. tfn.:607881916 fax: 982212825 tfn/fax 982202405. federacion@fgpesca.org
4.- O Comité determinou que o Campionato se desenvolverá a culleriña e mosca con buldó (máximo 3 moscas), e cola de rata. As moscas con pluma de Temporada, e as culleriñas se chove deben ser un pouco pesadas. Normalmente son efectivas n° 0-1 e 2. As capturas, unha vez medidas polo control, serán devoltas vivas ao seu medio. A Organización proverá aos deportistas do correspondente medidor. A medida mínima segundo a Organización será igual ou superior a 19 cm.
5.- Cada deportista dispoñerá de 50 - 100 m de zona de pesca.


6.- Desenvolvemento do Campionato.- Dadas as características dos dous coutos O Campionato desenvolverse segundo figura no programa deportivo.
7- OUTRA INFORMACIÓN. As capturas, que deberán presentarse ao control en sacadeira ou salabre, unha vez controladas serán devoltas vivas ao seu medio, sendo válidas para este Campionato as da medida adoptada en Galicia. A PUNTUACIÓN obterase da aplicación da norma establecida no Regulamento para os eventos de Salmónidos que se desenvolven baixo a fórmula de devolución das capturas vivas ao seu medio. A Organización disporá dos seguintes trofeos para cada modalidade (benxamín, infantil e xuvenil):
·         Trofeo á Peza Maior
·         Trofeo ao maior número de pezas
·         Trofeo aos 3 primeiros equipos clasificados (mínimo)
·         Trofeo aos 3 primeiros clasificados individuais (mínimo)
O non previsto nestas normas rexerase polo Regulamento de Competicións vixente, da Federación Española de Pesca y Cásting, e medidas que se establezan na reunión de Delegados e polo propio xurado da Competición
A fin de garantir a seguridade dos menores, na categoría infantil, poderá esixirse a presenza de algún familiar do participante durante o tempo que dure a competición. A organización adoptará as medidas que salvagarden a responsabilidade non deportiva dos Organizadores, en particular se esixe autorización por escrito dos pais ou representantes legais.


En Lugo, a 30 de xullo de 2010

A ORGANIZACIÓN

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License