Páginas

2/25/2010

SEGUNDA CITA DAS VII XORNADAS DE LIMPEZA E RETIRADA DE RESIDUOS DOS RIOS DE ROIS







O pasado sábado 20 de febreiro levouse a cabo a segunda cita das xornadas de limpeza e retirada de residuos dos ríos de Rois. Organizadas polo Club LONDRA de Rois por séptimo ano consecutivo.

Os Socios do Club LONDRA e acompañados de Socios de W.LATORRE de Padrón que colaboraron activamente nestas xornadas, afrontaron a limpeza, nesta segúnda cita, dos marxes e cauce do río Valeirón. Como sempre e repartidos por parellas o longo do tramo deste río que abarca o couto de pesca de Rois, retiraron uns 200 quilos de residuos sólidos, maioritariamente plásticos que foron arrastrasdos hacia o cauce do Valeirón debido ás enchentes e fortes choivas que nos están a acompañar neste inverno e que para a fauna do río son fabulosas, pero non así para as súas marxes onde queda depositado toda clase de desperdicios, como decíamos maioritariamente plásticos. Pero sempre hai anécdotas cando se trata de retirar basura do río, si na primera cita levada a cabo no río Rois se retirou un conxelador e unha televisión, nesta última retirouse un barril “de dous canados”, que parecía estar a inchar no río, como se facía antigamente, onde os cosecheiros levaban ó río os barriles para que logo non perderan o viño. Debe ser que esta tradición de vendimiar vai a menos nesta zona e os barriles acaban no cauce do río.

Polo demais a xornada transcurreu dentro da normalidade, rodeados todos os participantes pola fermosa natureza que rodea este cauce e onde puderon quedar na retina dos participantes maravillosas imaxes destes paraxes que merece a pena conservar, así como a estupenda silueta das troitas que se puderon ver a través destas augas rápidas e cristalinas, que de seguro farán disfrutar ós pescadores na tempada que se aproxima.Púxoselle colofón a estas xornadas de limpeza con unha estupenda merenda no bar O Pemento de Seira ofrecida para todos os participantes polo Club LONDRA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario