Licencias Federativas
15 Euros (absoluta) desde os 14 ata ...
5 Euros (infantil) ata os 14 anos
Cota de inscrición:
200 Euros
Campionatos
Salmónidos. Acórdase manter a terceira manga compensatoria nos campionatos provinciais, mentres o comité de xuíces da Española non diga o contrario.
Lémbrase a obrigatoriedade de enviar o calendario deportivo dos clubs e sociedades á Federación, así como a comunicación á delegación provincial Federación (segundo corresponda) sobre a participación esta tempada polo club elixido - caso de pertencer a varios clubs ou cambiar de club -.
Campionatos autonómicos a dous días: pago de inscrición por pescador de 40 Euros
Campionatos Selectivos a dous días: pago de inscrición por pescador de 40 Euros
Estes pagos deberán de ser realizados unha semana antes da realización da proba, mediante transferencia, ou ingresados na conta da Federación.
OBSERVACIÓNS DE TESOURERÍA
A cota de· inscrición (200 €) deberá de estar ingresada antes do 15 de febreiro de 2010
Os impresos· de tarxetas deberán de ser enviados por cuadruplicado
Deberá de· adxuntarse fotocopia do ingreso.Vistas as dificultades para o uso dos códigos de ingreso, pedimos aos clubs que o fagan co seu nome significativo, prescindindo das denominacións previas ao nome esencial do club, pois o formulario de banca ten limitados os caracteres do que fai o ingreso. Por exemplo: “Real Club Deportivo de Pesca Recreativa “O Besbello”, usarase: O BESBELLO COTA ou O BESBELLO LICENCIAS XANEIRO, segundo corresponda.
Non serán· admitidas por fax se despois non son enviadas coas condicións anteriores por correo ordinario.
Os campos· dos impresos deben de estar todos cubertos (Salvo infantís que non teñan DNI)
Ingresos en· Caixa-Galicia: 2091-0176-56-3040010672.
TAMÉN no mes· de febreiro deberá de ser enviado o Calendario deportivo dos Clubs.
É importante que os clubs vaian enviando a relación dos compoñentes das súas sociedades e clubs mediante soporte informático (excel, access, ou táboas word) e seguindo a orde que figura do impreso da Mutua General Deportiva, así:
Nn Nº de licencia | Cat Categoría | Fec Fecha de de expedición | A APELLIDOS | N NOMBRE | DNI | D Domicilio | Lo Localidade | C C. Postal |
Amigos presidentes e xunta directiva :
En primeiro lugar quero manifestarvos a todos o meu agradecemento pola vosa colaboración , e felicitarvos pola resposta positiva ás iniciativas que propón a Federación e a súa Asemblea xeral.
Para os que non sodes membros da mesma por imperativo legal, pásovos a información que foi presentada, así como os acordos máis salientables.
Pode que vos sorprenda a modificación do prezo das licencias federativas, pero consideramos que a Federación debe ser autosuficiente en todo aquelo que signifiquen gastos ordinarios, e non estar a expensas de posibles subvencións. Por ese motivo a Asemblea acordou dita subida; son menos de 30 céntimos ao mes, e incluso en época de crise pensamos que son asumibles.
Outro dos acordos son os 40€ de inscrición por pescador en campionatos Autonómicos e Selectivos. Como lembrades, na Asemblea do ano pasado os deportistas propuxeron que este tipo de campionatos se fixeran en dous días, e que eles asumían se era necesario parte dos gastos. Tendo en conta que son dúas comidas, cea, durmida e almorzo, dificilmente o podía asumir na súa totalidade a Federación.
Quero tamén comunicarvos que este é ano electoral, por tal motivo se vos pide a relación de deportistas federados. Recórdovos que para pertencer como membro da Asemblea, os clubs na anterior lexislatura tiñan que contar co 1% das licencias totais da Federación (aproximadamente 20 licencias). A próxima, tendo en conta que a Dirección Xeral para o Deporte non modifique ese criterio, o nº aproximado serán unhas 30 licencias polo que a maioría dos clubs da provincia terán representatividade.
Por último gustaríame a participación activa de tódalas sociedades no campionato de España de Salmónidos Lance que celebraremos o 30 de abril e 1 de maio no río Tambre.
Con tal motivo acordouse na Asemblea presentar o primeiro nº da revista NO RÍO E NO MAR; pretendemos que teña unha continuidade e sexa un dos medios de comunicación do noso deporte. Para que sexa posible necesitase apoio publicitario, colaboracións, artigos, noticias, fotos etc. dos clubs
Fixamos as tarifas publicitarias seguintes.
Contraportada 300€
Páxinas interiores 200€
Media páxina 150€
Un cuarto de páxina 80€
Pretendemos unha tirada de 4000 exemplares, unha para cada federado, e o resto para repartir entre os participantes do campionato e outros colectivos.
Agradecémosvos que fagades un pequeno esforzo, e que tódolos clubs mandedes un anuncio, débese cobrar unha vez contratado, entregarase un “recibín”, e a os que desexen factura, se lles fará chegar desde a Federación.
Un cordial saúdo.
Félix Rodil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario