Páginas

2/10/2010

O COTO DE ROIS EN MP3



Unha vez máis o Concello de Rois dá un paso adiante para dar a coñecer o seu extenso patrimonio natural e cultural, coa edición das audioguias do Sendeiro dos ríos de Rois, para todos aqueles que queiran coñecer este sendeiro camiñando e introducindose nas fermosas paraxes que nos deparan as marxes destes ríos por onde discurre.


Tratase de uns archivos de audio en MP3, que se poden escoitar directamente ou descargar dende a páxina do concello de Rois, www.concelloderois.org, para logo escoitalas o longo do traxecto e donde se vai explicando polo miudo todo o patrimonio natural e cultural que se vai ir atopanto por este sendeiro.



O Sendeiro dos Ríos de Rois é unha ruta de dificultade baixa que conta cunha lonxitude aproximada de 12.000 metros e que percorre os ríos Sar, Seira e Valeirón ou Liñares.


A ruta comeza no lugar da Meana e continúa a carón do río Sar ata onde xunta as súas augas co río Seira/Liñares, un lugar máxico onde podemos gozar da tranquilidade envolvente dunha fermosa paisaxe de ribeira, onde conviven especies como londras, garzas ou os espectaculares picapeixes, que por desgraza son cada vez máis escasos nos ríos galegos.


Tras o paso pola praia fluvial de Seira, internámonos nas aldeas da Peruca, Cornes, O Aido e Carrais. Ao longo deste traxecto podemos apreciar varios elementos que reflicten o extenso e rico patrimonio cultural de Rois, como a capela do Aido ou o cruceiro de Crespo, un exemplo dos peculiares cruceiros de capela que se poden visitar neste concello.


Finalmente, cómpre afrontar un lixeiro ascenso cara á capela do Soutullo pola beira do río Liñares, que ofrece innumerables recunchos cheos de encanto. As súas limpas e frescas augas propician a cría de fantásticas troitas e as enérxicas inmersións do merlo acuático. Ao longo do camiño, deixaremos atrás numerosos muíños, como os Batáns de Herbogo, frondosos bosques e prados nas aldeas de Pinelas e Liñares, ata chegar á capela do Soutullo, situada no cumio dunha bela carballeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario