Páginas

1/18/2010

DAS CUNCHAS ÁS PEDRAS DE CORRUBEDO

ACABAMOS DE RECIBIR UN TELEGRAMA:
“Mira que sodes mantas, nós temos o cupo máis que feito e xa estamos no bar desde as dez da mañá”
Firmado Tino e Vicente desde a barca de San Pedro.
Así empezou o acto da man de Miguel Piñeiro que exerceu de mestre de cerimonias na entrega de Trofeos do 1º MEMORIAL “DAS CUNCHAS ÁS PEDRAS DE CORRUBEDO” . Como era de esperar, os campións foron estes dous compañeiros que deixaron a José encargado de recoller o Trofeo que simboliza o faro de Corrubedo, como unha luz a seguir sempre cara a diante.
Trinta pescadores e sobre todo amigos, fixemos entre sorrisos , lembranzas e algunha que outra bágoa este Memorial, primeiro de outros que virán en lembranza dos nosos compañeiros.
Facer un agradecemento moi especial a Lucita, Ángela e José por acompañarnos neste día tan especial, esperando que lles sirva para dar folgos e ánimo para seguir adiante.


Trofeos realizados por Pepe Miguez y Tito Furelos

Os menos mantas dos pescadores foron Juán Jesús Campaña con oito robalizas, que ocupou o segundo posto, Andrés, o ex-panadeiro de Palmeira, con 5261 puntos e Jesús “El Puto Amo” con 3265 puntos.



O DIA EN IMAXENES:

No hay comentarios:

Publicar un comentario