9/02/2009

V Xornadas de limpeza do río Furelos

O presidente da Asociación de Troiteiros, “Río Furelos” Xavier Pazo, quere facer un balance deste primeiro día das V Xornadas de limpeza do río Furelos. Este sábado 29 de agosto, 27 voluntarios, todos de Melide, agás un dos participantes que era de Santoña (Cantabria), traballaron arreo para retirar do cauce do río e das súas beiras, máis de 150 quilos de lixo en xornada de mañá e tarde. Os labores comezaron ás 10 da mañá e remataron as 8 da tarde, cunha parada ás 2 para repoñer forzas e intercambiar impresións nun xantar que se celebrou na praia fluvial do Furelos.
Distribuíronse os traballos entre os participantes: mentres uns retiraban latas, botellas, plásticos e residuos máis sorprendentes como unha roda grande de tractor, unha de coche e mesmo unha bañeira dunha casa, outros voluntarios dedicáronse a retirar árbores caídas e outros restos vexetais depositados no cauce do río.
Tendo en conta que na xornada de mañá se limpou o tramo de vedado que vai dende Portochao ata Furelos e dende a Ponte Romana ata a Ponte Mazaira, no que afecta ao tramo acoutado e pola tarde dende a Ponte Mazaira ata a Ponte da Pedra, iso significa que cada vez hai menos residuos. Pero quero aproveitar para recordar que aínda nos quedan dous sábados para cumprir estas Xornadas e, contando coa inestimable participación dos voluntarios, ficarán sobradamente conseguidos os obxectivos que nos marcamos para estas V Xornadas. Reitero o agradecemento a todos os voluntarios, empresas e institucións que traballaron e colaboraron neste primeiro día das V Xornadas de limpeza do río Furelos. O próximo sábado máis.


Asinado: Xavier Pazo B.
Presid. Asoc. Troiteiros Río Furelos


Melide, 31 de Agosto de 2009
-- Presidente Asoc. de Troiteiros "Río Furelos".Xavier Pazo BlancoTel. 696607348
www.riofurelos.es

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License