Páginas

9/03/2009

DETENIDO UN FURTIVO CON FUSIL EN EL XUVIA

No día de onte, nun operativo no que participaron dando apoio e proporcionando información membros da Sociedade de Caza e Pesca Xubia, foi identificado e denunciado un furtivo que se atopaba pescando furtivamente con artes de pesca submarina no Río Xúbia.
A hora da denuncia foi aproximadamente as 11:30 h.
O lugar do apreixamento foi a zona da Ponte de Vieiras, situada na Parroquia de Pedroso, concello de Narón (A Coruña)
No momento de darlle o alto, o furtivo portaba un completo equipo de buceo con traxe de neopreno, sistemas de iluminación de gran potencia, gafas de bucear e fusil de pesca submarina. Estes dous últimos elementos foron arroxados no río durante a persecución posterior e no momento de redactar este comunicado a gardería está a buscalos no fondo do cauce fluvial.
Decomisouselle tamen unha bolsa de rede, que si ben no momento da retención non contiña peixes, non é aventurado supoñer que foron arroxados ó río durante a persecución.
Logo da persecución nocturna relatada, foi retido este suxeito para a sua identificación, que foi efectuada por axentes do corpo de Policía Nacional da comisaría de Ferrol-Narón, que se presentaron na zona.
Reseñar que o individuo en cuestión (coñecido nos ambientes de pesca como Couce) é segundo fontes de Medio Rural un vello coñecido da gardería de varios ríos galegos entre os que se atopan o Eume(de onde é nativo), o Mandeo e o Lambre. Asemade foi tamen denunciado en varios ríos asturianos por esta practicas furtivas.
A nosa noraboa á gardería de Medio Rural, que non escatimou en medios e rapidez de actuación pola captura deste peligroso depredador fluvial.
Esta felicitación faise extensiva ós socios que diron cobertura loxística e información para poñer fora de circulación a este perigoso delincuente medioambiental.
Poñer de enfase que estes comportamentos aparte de ser moralmente censurables, están considerados falta moi grave na lexislación de pesca fluvial. Por outro lado consideramos que o feito denunciado sería constitutivo de delicto medioambiental por perpetrarse en época de veda.
Finalmente poñer de manifesto, que esta sociedade fará todo o posible por desterrar estes comportamentos do cauce do Río Xubía, colaborando totalmente coa gardería para este fin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario