6/18/2009

SELECCION GALEGA 2009

Julio, Andres, Alberto Cibeira (Delegado), David, Antonio y Martin, la seleccion Campeona en el Nacional del 2008.

Martín ocupara una de las plazas dejadas por David y Antonio.


No Clube LONDRA de Rois acabamos de levar unha gran alegria que nos enche de satisfacción e nos anima a seguir traballando, si cabe aínda máis. O pasado mes celebrouse no río Neira en Láncara, provincia de Lugo o Selectivo Xuvenil de Salmónidos mosca, previa convocatoria da Federación Galega de Pesca, Martín Seco Velo acudeu a este Selectivo para optar a ocupar unha das duas prazas vacantes na Selección Galega. Logo das probas pertinentes feitas polo Seleccionador, comunicouselle a o Club Londra que Martín Seco Velo fora seleccionado para ocupar unha das prazas vacantes na Selección Galega Xuvenil de Salmónidos Mosca. Martín que conta con 14 anos de idade e con xa unha ampla experiencia nesta modalidade de pesca, levou a alegria da súa vida xunto coa Directiva e Socios do Clube LONDRA, ós cales enche de orgullo contar con un socio na Selección Galega e máis sabendo que este rapaz empezou a pescar con nós, saíndo da extensa canteira que ten este Clube. Os días 26, 27 e 28 de xuño disputará en Valencia xunto con outros catro compoñentes desta Selección, o Campeonato de España da modalidade no río Turia, para o cal xa se está a adestrar e se concentrará este fin de semana en Lugo co resto dos seus compañeiros. E de destacar que Martín non é o único da comarca do Sar, outro rapaz, Julio Fernández Martín do W.LATORRE de Padrón tamén forma parte desta Selección por segúndo ano consecutivo e no que tentará revalidar o título de Campeón de España por equipos que consigueu o pasado ano. Polo tanto a comarca do Sar estará ben representada en Valencia por estes dous rapaces que sen dúbida deben ser o espello dos que veñen por detras en ambos Clubes, que ano tras ano colaboran entre eles en diversos eventos relacionados coa pesca deportiva. A pesca deportiva nesta comarca xa conta con deportistas, xuvenís pero de élite, que adican parte do seu tempo libre a pescar e a estar en contacto coa natureza, hábito enriquecedor e saúdable.O Clube Londra agradece a colaboración desinteresada de Rafael De La Iglesia por acceder a formar e adestrar a Martín Seco Velo, o cal lle inculcou todo o seu saber no arte da pesca con cola de rata, convertíndose no seu adestrador particular.Soio nos queda desexarlles toda a sorte do mundo e que nos deparen a alegria de ser campeóns de España e dende logo que disfruten do momento.
Julio preparando el Nacional

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License