6/08/2009

CURSO DE ADESTRADOR DEPORTIVO, PESCA

Estimado pescador:
A fins do 2007 e principios do 2008, a Federación solicitou a través dos clubs a relación de aspirantes a monitores para realizar un curso de monitores. A resposta foi suficiente para o que se consideraba en canto ao número. Nesta época, a través da Escola Galega do Deporte, establecéronse as Ensinanzas Deportivas Oficiais de Adestradores para modalidades deportivas que están en período transitorio (entre as cales está a nosa). A través de correo electrónico comunicouse aos clubs da necesidade de que os aspirantes se matriculasen nos cursos nas sucesivas convocatorias que a Escola Galega do Deporte realizou para Adestradores nivel I e II co obxecto de conseguir unha titulación oficial a cal se perfeccionaría coas Ensinanzas do Bloque específico e o de Prácticas obténdose así o título de Adestrador de Pesca.
Como é intención da Federación facer o curso de Adestradores (antes de Monitores) e de que este non resulte antieconómico (para catro alumnos), pareceunos razoable estender esta convocatoria a todos os que estean interesados e que estaban interesados, pero que non obterán o título de Adestradores ata que non fagan o Común na EG do Deporte, por tanto, esta Federación, unha vez rematado o curso e superado a materia exposta no programa adxunto, expediralles unha certificación, pero non un título ata que non superen o B.Común.
O día 16 deste mes as 20:00, nos locais do Club Río Mandeo, en Chelo, terá lugar a presentación do curso, que dirixirá Alberto Mera Torrente. Nese día fixaranse os horarios e as datas máis consensuadas par facer as diferentes probas. Coirós de Abaixo, 15 BETANZOS. Para maior información 699432427 (Brandón)
Adxúntase documentación do curso.
Saúdos

Florentino Uriarte Basadre
SECRETARIO FEDERACION GALEGA DE PESCA
Doutor Gasalla, 29 baixo 27004 LUGO
677535699

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License