3/09/2009

“Presencia do deporte feminino"

A asociación MUDEGA presentará o vindeiro luns, 9 de marzo, ás 13.00 horas no Salón de actos da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da Universidade da Coruña (Avda. do Che Guevara, Bastiagueiro-Oleiros) o estudio

“Presencia do deporte feminino
nos medios de comunicación escrita”

A presentación da asociación e do estudio estará dirixida pola xornalista Lis Franco e a poñente será Dna. Rebeca Mariño Torrado (Doutoranda en CC da Actividade Física e medallista estatal e internacional). No debate que terá lugar posteriormente tomarán parte as seguintes persoas:
D. Rafael Martín Acero, decano da Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña.
D. Xaime Calviño, xefe da Redacción de Deportes de Xornal de Galicia.
Dna. Pilar Neira, presidenta de MUDEGA e seleccionadora galega de Futbol.
Dna Eva Castro, deportista de alto nivel.
Dna. Mercé Barrientos, presidenta da Federación Galega de Taekwondo.

Ó acto, que terá lugar co gallo da celebración do día da muller traballadora o 8 de marzo, asistirán deportistas galegas de alto nivel como Eva Castro, integrantes das seleccións galegas de fútbol e Estefanía Hernández.
Para máis información, poden contactar con
info@mudega.es ou no teléfono 691 483360.

No hay comentarios:

 
Creative Commons License
This blog is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License